6 de nov. de 2019

DEPORTES

JUDO

O CLUBE DE JUDO BAIXO MIÑO ADRINER CAMPIÓN DE LIGA 

Este ano o Club de Judo Baixo Miño, de A Guarda, participou con tres equipos no playoff da Liga Galega Internacional de Judo organizada pola Federación Galega de Judo  
Foto: C.J.B.M.


Mónica Pacheco Lomba / A Guarda

 A pasada fin de semana celebrouse en Ourense o playoff da Liga Galega Internacional de Judo organizada pola Federación Galega de Judo. 

 O Club de Judo Baixo Miño, de A Guarda, participou este ano con tres equipos. Dous femininos, na liga de 1ª división, e un masculino na liga de 2ª división. 

 Os tres equipos conseguiron subir ao  podium. 

 En categoría feminina de 1ª división os resultados foron:

 Baixo Miño Adriner, campioas de liga por segundo ano consecutivo. O outro equipo feminino Baixo Miño alzouse coa medalla de bronce.  

 Doutra banda o equipo masculino Baixo Miño Adriner que competía en categoría masculina 2ª división, conseguiu, tras o bronce da tempada pasada, subir ao máis alto e proclamarse campión de liga.  

 Desde a directiva do club quérese felicitar a todos os membros do equipo e agradecer a colaboración do patrocinador Adriner.

Ningún comentario:

Publicar un comentario