O Concello procedeu á retirada de varias árbores
Que estaban no patio do Colexio da Sangriña
Que estaban no patio do Colexio da Sangriña
Fotos: C.A.G.
Infogauda / A Guarda
O Concello de A Guarda ven de realizar a retirada de varias árbores de gran porte do patio exterior do CEIP da Sangriña.
Desde o executivo municipal que preside o alcalde Antonio Lomba Baz, veñen de indicar: "Esta actuación realizouse sobre unha serie de chopos que se atopaban na zona leste do patio exterior do colexio e que, debido ao seu gran porte, supoñían un risco por estar moi preto da rúa Vigo, tanto para os alumnos do centro educativo como para os usuarios desta rúa, na que se atopa o Conservatorio e serve de comunicación coa zona escolar e deportiva.
Para seguir mantendo unha zona de arboredo no patio, está previsto realizar, de xeito coordinado co centro de ensino, unha plantación de especies autóctonas".


Ningún comentario:
Publicar un comentario