A COMUNIDADE DE MONTES VECIÑAIS EN MÁN COMÚN DE CAMPOSANCOS SACA A SUBASTA CATRO QUIOSCOS NO MONTE SANTA TREGA
Comunidade de Montes Rua Outeiro nº 40 A
Veciñais en Man Común C.P. 36788 Camposancos
de Camposancos Tel. 986 627 316
NIF: V36059228 montedecamposancos@gmail.com
PREGO DE CONDICIÓNS PARA A EXPLOTACIÓN DOS QUIOSCOS : Nº 2, Nº 3, Nº 4 e Nº 6 NO MONTE SANTA TREGA
1º.- Tódolos interesados, para poder participar na poxa dos quioscos, deberán presentar, antes do 12 de Decembro do 2019, unha fotocopia do seu D.N.I. indicando para que, no buzón de correos no enderezo desta Comunidade, sito no lugar de Outeiro, 40 –A de Camposancos. Tamén pode ser enviado por correo electronico a dirección:
2º.- Terán preferencia para poder optar a explotación dos quioscos, a igualdade de prezo ofertado, aqueles que primeiramente sexan veciños comuneiros, sendo prioritario en calquera caso o prezo ofertado, y todo elo en aplicación do disposto no art. 21 da Lei 13/89, de 10 de Outubro de de Montes Veciñais en Man Común e Estatutos comunitarios.
3º.- Para poder participar na licitación o procedemento da adxudicación das explotacións dos quioscos, os interesados deberán depositar con carácter previo a favor da Comunidade a cantidade de 300,00 € que, unha vez efectuada a adxudicación aplicarase para satisfacer parte do canon anual que se fixe en concepto da concesión da explotación. Os que non resulten adxudicatarios reintegráraselles ó depósito efectuado.
4º.- As autorizacións concederanse por un período que vai dende a data da subasta ata o 31 de Decembro do ano 2024.
5º.- A superficie máxima a ocupar por cada quiosco será a que forme o espacio útil de cada un deles.
6º.- A Xunta Directiva da Comunidade examinará a documentación presentada, así como o cumprimento dos demais requisitos que conformen cada petición, pudendo rexeitar aquelas peticións que poidan supor un atentado a integridade ou o debido aproveitamento do monte.
7º.- Os adxudicatarios dos quioscos deberán de ESTAR O DÍA NO PAGO DOS IMPOSTOS, TAXAS E DEVENGOS que lles sexan impostos polo Concello de A Guarda e polos organismos competentes, en especial coa Facenda Pública e coa Xunta de Galicia (Consellería de Economía e Facenda).
8º.- Así mesmo os adxudicatarios deberán observar tódalas prescricións en materia sanitaria e de medio ambiente, procurando que o seu quiosco se encontre debidamente adecentado e cumprindo a normativa vixente para este tipo de instalacións.
9º.- Se calquera dos adxudicatarios da concesión do quiosco vendese ou realizase calquera acto de transmisión de productos ou materiais legalmente perseguidos ou prohibidas, poderá ser declarado caducado o seu dereito de forma inmediata unha vez comprobada debidamente a existencia desta conducta ilegal, sen dereito algún a indemnización e suxeito o pago dos danos e perxuizos que puidera ocasionar a Comunidade.
10º.- A poxa de cada un dos quioscos iniciarase cun mínimo de 4.530,00 € por ano e adxudicarase o máximo ofertante que ademais cumpra os requisitos antes citados. Dita poxa efectuarase no lugar de Casa Cultural de Camposancos, as 19:00 horas do día 13 de Decembro do 2019.
11º.- O canon pola temporada será o resultante da poxa, que se aboará mensualmente por recibos domiciliados na conta do arrendatario.
12º.- A normativa aplicable no contrato de arrendamento será a vixente Lei de arrendamentos urbanos, quedando excluídos de forma expresa os artigos 31,32,33 y 34 da mesma ; así mesmo aplicarase o artigo 10 do Regulamento da Lei de Montes, aprobado no Decreto 260/1992 .
Camposancos, a 18 de Novembro de 2019
Ningún comentario:
Publicar un comentario