6 de nov. de 2019

DEPORTES

O Concello de Tomiño dalle a noraboa ao padeeiro Roi Rodríguez Huertas 

Pola posibilidade de obter unha praza para participar nos Xogos Olímpicos de Tokio 2020   

Roi Rodríguez Huertas
Foto: FB

  

Infogauda / Tomiño

 O executivo municipal do Concello de Tomiño, que preside á alcaldesa Sandra González Álvarez, ven de remesar á redacción de Infogauda, o seguinte comunicado:

 "Dende o Concello de Tomiño queremos transmitir a nosa máis sincera noraboa ao padeeiro Roi Rodríguez Huertas, do Kayak Tudense, por facerse un oco entre os piragüistas con posibilidades de obter unha praza para participar nos Xogos Olímpicos de Tokio 2020. Desexámoslle moita sorte neses selectivos nacionais nos que estamos convencidos de que conseguirá o seu pasaporte olímpico para Xapón. Moito ánimo!"

Ningún comentario:

Publicar un comentario