21 de nov. de 2019

CAMPOSANCOS (A GUARDA)

A  ESCOLLEIRA PARA PROTEXER Á PRAIA DA LAMIÑA XA É UNHA REALIDADE
 
A Agrupación do PSdeG-PSOE de A Guarda fixo público seu agradecemento por esta obra


As imaxes amosan como quedou á escolleira da praia da Lamiña, en Camposancos
Fotos: Agrupación do PSdeG-PSOE de A Guarda


Infogauda / Camposancos

 A praia da Lamiña ten un novo aspecto. O deterioro que viña experimentando nos últimos tempos recramaba unha intervención para tentar correxir á deriva que viña facéndose visible á vista de todo o mundo. E esa intervención - que demandaba á cidadanía en xeral - tivo lugar neste mes de novembro de 2019. Unha escolleira de pedra, de 70 metros de lonxitude, protexerá á ribeira galega dunhas das praias máis atractivas de Galicia.

 No sucesivo o tempo dirá se á diagnose e a actuación foron as axeitadas. Ogallá que non sexa necesario investir máis recursos para protexer o territorio de Camposancos (A Guarda), porque o cordón dunar do Feno xa leva sufrido inumerables agresións, sobor de todo, naqueles anos que todos relembramos, nos que se comercializaba á area que dalí saía a cotío, e que de non interromperse súa extracción, á situación dese enclave natural a nivel medioambiental sería ben diferente hoxendía.

 En relación as devanditas obras de construcción da escolleira, a Agrupación do PSdeG-PSOE de A Guarda fixo público no día de hoxe seu agradecemento "a tódalas persoas e administracións que nos apoiaron porque entenderon, o mesmo que nos, que debíamos protexer esta pequena franxa do litoral da Praia Lamiña-Forte. Foron dous anos de xestións para conseguir unha actuación que evitará que entre o río na cova da areeira".

Ningún comentario:

Publicar un comentario