21 de nov. de 2019

DEPORTES

II TORNEO INTERNACIONAL FÚTBOL 8 ADAPTADO  

O sábado 30 de novembro, desde ás 16:30 horas, no Estadio Municipal A Mata (O Rosal)



Infogauda / O Rosal

 O executivo municipal do Concello do Rosal, fixo público que con motivo do próximo Día Internacional das Persoas con Discapacidade, o Concello do Rosal e o club U.D. Ribera, en colaboración coa Federación Galega de Deporte Adaptado (FGDA) e o R.C. Celta de Vigo, celebrará o sábado 30 de novembro, desde ás 16:30 horas, no Estadio Municipal A Mata (O Rosal), un evento integrador e de carácter internacional, co obxectivo de normalizar a práctica de fútbol no colectivo de persoas con discapacidade intelectual. 

 No evento deportivo contaremos coa presenza de dous equipos de Celta Integra, un combinado galego da FGDA e un equipo de APPACDM Coimbra (Portugal).

Ningún comentario:

Publicar un comentario