14 de nov. de 2019

CAMPOSANCOS (A GUARDA)

O Concello de A Guarda vai rehabilitar a antiga vivenda dos mestres da escola da Poza

Esta actuación enmárcase nunha subvención da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda cun orzamento de case 30.000€ e que se realizará en dúas anualidades 2019-2020

Nas imaxes pódese apreciar o estado no que atopa exteriormente o inmoble que fora antiga vivenda de mestres da Escola da Poza
Foto: C.A.G.


Infogauda / Camposancos

 O executivo municipal do Concello de A Guarda que preside o alcalde Antonio Lomba Baz fixo público no día de hoxe que ven de "adxudicar as obras de rehabilitación da antiga vivenda de mestres da Escola da Poza, en Camposancos. 

 A que fora vivenda dos mestres da Escola da Poza, emprégase polo Departamento de Servizos Sociais do Concello de A Guarda e pasará a formar parte do Programa de vivendas baleiras da Xunta de Galicia, do cal o Concello de A Guarda é unha entidade adherida. 

 Como se viña facendo ata agora a devandita  vivenda está destinada para o seu uso por parte de aqueles colectivos que se atopan nunha situación de maior vulnerabilidade polas súas circunstancias económicas, persoais ou familiares. 

 O proxecto de rehabilitación comprende a modernización da mesma, mellorando o envolvente, as instalacións e os equipamentos, modificando parcialmente a súa distribución interna para facer a mesma máis funcional. 

 Esta actuación enmárcase nunha subvención da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda cun orzamento de case 30.000€ e que se realizará en dúas anualidades 2019-2020".

Ningún comentario:

Publicar un comentario