CONSTRUCCIÓN DUNHA ESCOLLEIRA NA PRAIA DA LAMIÑA
Mª MERCEDES MARTÍNEZ VÁZQUEZ (PRESIDENTA DA ENTIDADE LOCAL MENOR DE CAMPOSANCOS): “QUERO MANIFESTAR O MEU MALESTAR POLA FALTA DE INFORMACIÓN”
Mª Mercedes Martínez Vázquez, presidenta da Entidade Local Menor de Camposancos
Foto: Arquivo Infogauda
Infogauda / Camposancos
En relación ás obras de construcción dunha escolleira, que están desenvolvéndose na praia da Lamiña, na parroquia de Camposancos (A Guarda), a presidenta da Entidade Local Menor de Camposancos, Mª Mercedes Martínez Vázquez ven de facer pública á seguinte nota:
“A todos os camposinos, camposinas e demáis xente interesada: Como alcaldesa pedánea da ELM de Camposancos nunca estiven implicada na obra que se está a realizar na praia da Lamiña. A información desta actuación chegoume a través da prensa. Non dispoño de informes de ningún tipo sobre a escolleira. Os informes están solicitados pola ELM no concello de A Guarda. Teño que dicir que no momento que o souben, a obra xa estaba empezada, o cal como presidenta da ELM e representante de todos os camposinos e camposinas, causoume un gran incomodo. Nin desde os organísmos estatais nin desde o concello se informou a Entidade Local.
As pegadas do paso de camións pola zoa dunar do Feno son ben visibles
Según teño entendido non existen informes de impacto medioambiental. Durante varios días observei as obras e hoxe, ademáis do encargado de TRAGSA atopei a un enxeñeiro de Costas, o cal trasladoume que o 20 de novembro ten que estar finalizada a actuación. Quero manifestar o meu malestar como presidenta da ELM pola falta de información, xa que non só está afectando a nosa costa senón que tamén se está pasando con cargas pesadas pola zona do Feno, que é propiedade de todos e todas veciños e veciñas de Camposancos, ocasionando danos irreparables e arrasando coa vexetación e especies únicas.
Desde a ELM cremos que Camposancos non se merece isto.
A Entidade Local Menor de Camposancos está limpando a Furriquela
Fotos: M.M.M.V.
Así mesmo anuncio que se está facendo limpeza na Furriquela e proximamente no Tombo e na Pasaxe”.
Ningún comentario:
Publicar un comentario