Suspendida a Andaina pola Serra d´Arga
Que esta prevista para este sábado día 9 de novembro
Infogauda / A Guarda
O Concello de A Guarda e a Câmara Municipal de Caminha veñen de facer público que decidiron "suspender a andaina prevista para este sábado día 9 de novembro pola Serra d´Arga, en Caminha (Portugal), dado que, tralas precipitacións dos últimos días, parte da ruta se atopa nunhas condicións que impiden o desenvolvemento da actividade en condicións de seguridade.
Nestes intres se está avaliando a posibilidade de trasladar dita actividade a outra data, que será informada a todos os inscritos nos vindeiros días, polo contrario, do procedemento a realizar para o reembolso do prezo público correspondente".
Para calquera información poden contactar co departamento de Deportes no 690 928 751 ou no enderezo electrónico deportes@aguarda.es
Ningún comentario:
Publicar un comentario