A BANDA DE MÚSICA AGRUPACIÓN MUSICAL DE A GUARDA ORGANIZA O CONCERTO DE SANTA ICÍA
Celebrarase o sábado día 23 de novembro, ás 17:00 horas, na igrexa parroquial de Santa María de A Guarda
Infogauda / A Guarda
Para conmemorar a festividade de Santa Icía, Patroa dos músicos, a Banda de Música da Agrupación Musical de A Guarda, vai celebrar un concerto que terá lugar o sábado día 23 de novembro, ás 17:00 horas, na igrexa parroquial de Santa María de A Guarda.
No devandito concerto participarán a Banda de Música da Agrupación Musical de A Guarda e a Coral do Clube da Terceira Idade e Pensionistas de A Guarda.
O evento conta coa colaboración da Deputación de Pontevedra, Concello de A Guarda e Igrexa Parroquial de A Guarda.

Ningún comentario:
Publicar un comentario