25 de novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres
Cruz Vermella pon en marcha a campaña “O amor constrúe, non destrúe”
· O
risco de pobreza e exclusión social alcanza ao 84% das vítimas de
violencia de xénero atendidas por Cruz Vermella
· Realizaranse talleres
de sensibilización en institutos e difusión en redes sociais.
· 64
mozos recibiron formación sobre perspectiva de xénero
Cruz Vermella Baixo Miño / A Guarda
No Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres, desde Cruz Vermella Mocidade púxose en marcha unha nova campaña, baixo o lema “O constrúe, non destrúe”, coa que se pretende incidir nas violencias machistas que se producen dentro do ámbito da parella. O 88,7% das mulleres vítimas de violencia de xénero atendidas por Cruz Vermella sufriu violencia física; a 61,7% violencia sexual; a 96% violencia psicolóxica, e o 70% control da economía doméstica. O risco de pobreza e exclusión social alcanza ao 84% das vítimas de violencia de xénero atendidas por Cruz Vermella.
Para a posta en marcha da campaña van realizar diferentes accións de difusión a través das redes sociais, así como repartición de folletos e carteis informativos nos establecementos da Guarda. Ademais no transcurso das actividades de Cruz Vermella lembraremos a celebración deste día e a importancia de saber detectar todo tipo de mal trato. Esta actividades teñen o obxectivo de sensibilizar tanto á infancia e á mocidade, como á poboación en xeral, sobre a violencia de xénero que exercen os homes cara ás mulleres, necesitando tomar conciencia, en concreto da que está baixo o foco do amor romántico, eliminando os mitos que o rodean.
Doutra banda, desde a sección xuvenil da Organización realízanse actividades formativas e de sensibilización con mozas en materia de prevención da violencia de xénero, coeducación e educación non sexista durante todo o ano. No que levamos deste ano 2019, 64 mozos recibiron formación sobre perspectiva de xénero e coeducación.
Ningún comentario:
Publicar un comentario