O Concello agradece a implicación nas conmemoracións do Día Internacional contra a Violencia de Xénero
Mosaico de varios establementos que participaron este ano na campaña
Foto: C.A.G.
Foto: C.A.G.
Infogauda / A Guarda
Dende a Concellería de Igualdade e o Centro de Información á Muller (CIM) de A Guarda “quérese amosar o agradecemento e a satisfacción pola gran implicación realizada pola cidadanía guardesa, empresarios, comerciantes, alumnos e alumnas da vila nas actividades organizadas en conmemoración do Día Internacional da Violencia de Xénero”.
MÁIS DUN CENTENAR DE ESTABLEMENTOS PARTICIPARON NA CAMPAÑA
MÁIS DUN CENTENAR DE ESTABLEMENTOS PARTICIPARON NA CAMPAÑA
Desde a Concellería de Igualdade e o CIM de A Guarda salientan: “Máis dun centenar de establecementos comerciais e de restauración participaron na campaña En negro contra as violencias, dispondo de diverso material da campaña de forma totalmente gratuíta, subido as fotos dos seus locais ás redes sociais empregando os hashtags da campaña #AguardaenNegro e #Aguardacontraasviolencias. Convidamos a que todos aqueles que aínda non o fixeron a que continúen subindo as súas fotografías á rede.
Dende o Concello da Guarda confiamos en que o próximo ano serán aínda máis os participantes nesta campaña, atentos a estas datas para conmemorar este día e facer visible unha problemática que se ten que erradicar. Non á Violencia de Xénero”.

Ningún comentario:
Publicar un comentario