12 de nov. de 2019

A GUARDA

Exposición fotográfica sobre Dereitos Humanos en Mozambique 

Ata o 22 de novembro, na Casa dos Alonso
 
A mostra ofrece unha panorámica dos proxectos de desenvolvemento apoiados no país lusófono
Foto: C.A.G.

Infogauda / A Guarda

 Ata o 22 de novembro, a Casa dos Alonso acolle a exposición “Dereitos Humanos en Mozambique: acompañando a mellora da saúde e a educación desde a cooperación municipalista”, promovida polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, entidade da que é socio o Concello da Guarda.   

 A mostra ofrece unha panorámica dos proxectos de desenvolvemento apoiados no país lusófono, canda intres da vida cotiá, a través das fotografías realizadas polo reporteiro Adrián Irago, que viaxou á zona como gañador do certame Imaxes con Fondo III.  

 A exposición, que se estreou polo 70º aniversario da Declaración Universal dos Dereitos Humanos, estrutúrase en cinco cubos que nos achegan á realidade mozambicana, comezando polas iniciativas de loita contra a pobreza cofinanciadas desde o ano 2001 en materia de educación, saúde ou abastecemento de auga. 

 Ler máis.

Ningún comentario:

Publicar un comentario