12 de nov. de 2019

RANDUFE (TUI)

ACTIVIDADES ´DA ASOCIACIÓN CULTURAL E DEPORTIVA "XUNTANZA"


Asociación Cultural e Deportiva “XUNTANZA” / Randufe

Estimado/a socio/a: 

 Xa está aquí novembro e dende Xuntanza querémoste ofrecer unhas cantas propostas que che poden interesar para o longo deste mes.

 Mentres comemos as ricas castañas teremos a oportunidade de cantar e bailar co grupo de Gaitas da nosa asociación e algún grupo convidado, aínda así, estades convidados a traer o voso instrumento para todos xuntos facer unha tarde de domingo diferente. 

 Animádevos a participar!!

XOVES, 21 DE NOVEMBRO: ESTUDIO AUDITIVO GRATUITO 

 No mes de marzo, a asociación firmou un convenio de colaboración con Centros Audika, o cal os/as socios/as teñen numerosos beneficios (estudo audiolóxico gratuito, desconto na compra de audífonos...). Debido a boa acollida do estudo auditivo realizado no mes de abril, volvemos a darvos a oportunidade de facer o estudo gratuito. O horario de atención será o xoves 21, de 9:30 a 13:30 e de 16:30 a 20:00. 

 Todo socio/a interesado na revisión de forma gratuita da audición, deberán notificar a súa asistencia no teléfono da asociación 646.646.500.

SÁBADO 30 DE NOVEMBRO E DOMINGO 1 DE DECEMBRO: X MOSTRA TEATRAL MIGUEL TRONCOSO 

· Sábado 30 de novembro ás 21:30 horas: comezamos a mostra co noso grupo de teatro, “Teatro Chirlomirlo”, coa obra “MILES GLORIOSUS”. 

 Sipnose: Un militar romano fantoche e de pouco siso, uns veciños e uns escravos fartos de aturalo, un achado indiscreto e unha historia que se precipita por culpa....dunha mona!. 

· Domingo 1 de decembro ás 18:00 horas: actuará o grupo de “Teatro de Xinzo”, Ponteareas, coa comedia “TODO QUEDA NA CASA”.

 Sipnose: Trátase dunha obra de humor, que conta a historia dunha familia do rural, que despois de aparecer unha nena na casa provoca moitos enredos. 

· Haberá mágnificos bingos os dous días!!! 

 Agardamos que estas propostas sexan do teu interés! 

 Un saúdo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario