Día Internacional contra a Violencia de Xénero
O Concello de A Guarda prepárase para as actividades do Día Internacional contra a Violencia de Xénero 25N que, un ano máis, se coordina dende o Centro de Información á Muller (CIM) e a Concellería de Igualdade e Servizos Sociais, participando na campaña de sensibilización En Negro contra as Violencias, coa que se pretende tinguir de negro as vilas e cidades galegas.
Desde o Concello pónse a disposición dos establecementos comerciais e asociacións, de forma totalmente gratuíta, cartelería para todos, camisetas e bolsas para aqueles comercios que o ano pasado non participaron. E como novidade, haberá pousavasos e servilletas para a hostalaría e delantais para os/as praceiros para que do 18 ao 25 de novembro, podan vestir de negro as tendas, comercios, empresas, bares, postos do mercado, etc., así coma os maniquís, manteis dos restaurantes ou os mesmos empregados e empresarios de negro.
Para participar nesta campaña tan só é preciso chamar ao número de teléfono 986 614 648 ou enviar un correo electrónico a muller@aguarda.es cos datos do establecemento (nome e enderezo) e da persoa de referencia (nome e teléfono) antes do 13 de novembro e deseguida contactarase cos interesados/as. Arestora se conta xa con máis dunha vintena de establecementos adheridos.
Programación de actividades
O venres día 22 de novembro, ás 21:00 horas, o Centro Cultural acollerá a obra de teatro «Anatomía dunha serea». Unha peza de teatro autobiográfica e testemuñal que conta a historia e a experiencia persoal da propia actriz coma unha muller, madre e vítima da violencia obstétrica.
Entrada de balde previa retirada de tickets, dispoñibles dende o día 21 de novembro no Centro Cultural, de 10:00 a 13:00 e de 17:00 a 20:00 horas, e no CIM de 9:00 a 14:30 horas.
Esta actividade está subvencionada pola Deputación de Pontevedra
E para commemorar o Día Internacional Contra a Violencia de xénero, o próximo día 25 de novembro, ás 12:30 horas, na Praza do Reló, contarase coa actuación músical de cantautora Su Garrido. Desde o Concello convidan a toda a cidadanía a tinguir de negro a Praza do Reló, en sinal de rexeitamento de todo tipo de agresións e violencia machista, apoiando ás vítimas e transmitindo as xeracións futuras o respecto á igualdade de mulleres e homes para defender unha sociedade xusta e paritaria. Para iso todas ás persoas participantes poden acudir con roupa, sombreiros, chuvasqueiros, paraugas...de cor negra.
Esta actuación está subvencionada pola Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia.

Ningún comentario:
Publicar un comentario