“Unha mirada de antano” chegará ao Mercado Municipal o día 31 de outubro
A mostra reúne unha colección de fotos de Ruth Matilda Anderson en Galicia
Infogauda / Tomiño
O vindeiro xoves día 31 de outubro ás 12:00 horas no Mercado Municipal de Tomiño será inaugurada a exposición fotográfica: Unha mirada de antano, de Ruth Matilda Anderson.
A devandita exposición está configurada por imaxes captadas a principios do século pasado, durante unha expedición financiada pola Hispanic Society of America, institución educativa dedicada á arte e á cultura do mundo hispánico.
A devandita exposición está configurada por imaxes captadas a principios do século pasado, durante unha expedición financiada pola Hispanic Society of America, institución educativa dedicada á arte e á cultura do mundo hispánico.
A mostra, que permanecerá aberta até o 24 de novembro, está organizada pola Hispanic Society of America, co apoio de Afundación e o Concello de Tomiño, e reúne unha colección de instantáneas que buscaban documentar a vida da xente, especialmente en aqueles lugares rurais de difícil acceso. Ata entón, as actividades da poboación traballando no campo e no mar, nin a cultura de Galicia, foran obxecto de atracción para a fotografía.
A actividade está enmarcada dentro do proxecto Corrente Cultural e supón unha aposta por espallar a cultura galega e construír unha rede de coñecemento que transcenda o material.
Unha mirada de antano poderá visitarse todos os días (agás os luns), no 1º andar do mercado, de 09:00 a 22:00 horas

Ningún comentario:
Publicar un comentario