XORNADA DE INICIACIÓN Á MICOLOXÍA
Celebrarase o sábado 9 de novembro
Infogauda / O Rosal
O Concello do Rosal organiza unha xornada de iniciación ao mundo da micoloxía. O obxectivo deste curso, que será impartido pola asociación A Jalleira, consistirá en dotar aos participantes de nocións básicas sobre o mundo dos fungos e a súa identificación.
O número total de prazas ofertadas é de 25, que serán cubertas por orde de inscrición no rexistro do concello. O prazo de inscrición abrirase o vindeiro luns 28 de outubro.
A xornada celebrarase o sábado 9 de novembro e incluirá as seguintes actividades:
· 9:30-13:00. Curso teórico de micoloxía, no centro Social Polivalente.
·Saída libre ao monte para a recolección de cogomelos.
· 17:30. Identificación dos cogomelos recollidos polo alumnado, no Muíño das Aceñas.

Ningún comentario:
Publicar un comentario