17 de out. de 2019

TOMIÑO

Tomiño contará cun concerto do ciclo “MÚSICA EN CAMIÑO”, organizado pola Rede de Universidades da Eurorexión Galicia-Norte de Portugal 

Será o domingo 20 de outubro ás 12:00 horas no Auditorio de Goián

Tamén será un espazo de traballo de composición de obras inspiradas no patrimonio do Camiño

 
Infogauda / Tomiño 

 Tomiño contará con un concerto dentro da programación de “Música en Camiño”, organizado pola Rede de Universidades da Eurorexión Galicia-Norte de Portugal (CEER). Tomiño tamén será un espazo de traballo de composición para poñer a punto as obras de música contemporánea inspiradas no patrimonio cultural, natural e inmaterial do Camiño.  

 Entre as numerosas actividades programadas está a celebración de cinco concertos abertos ao público en diferentes espazos de núcleos rurais do Camiño Portugués, en lugares emblemáticos como a Catedral del Tui ou a na Basílica de Santa María a Maior, de Pontevedra, pasando por lugares en contornas de grande beleza ambiental, como Tui, Portas, ou Tomiño. Este último, será o domingo 20 de outubro ás 12:00 horas no Auditorio de Goián.    

MÚSICOS DE GALICIA E DE PORTUGAL COMPOÑEN E INTERPRETAN NOVAS CREACIÓNS MUSICAIS AO LONGO DO CAMIÑO DE SANTIAGO  

 A rede de universidades da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal (CEER) promove a creación de música contemporánea inspirada no patrimonio cultural, natural e inmaterial do Camiño.  

 Música en Camiño está organizado pola Rede de Universidades da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal (CEER), financiado pola Xunta de Galicia a través do Plan o Teu Xacobeo. O proxecto foi inaugurado no Conservatorio de Santiago de Compostela, ás 16:00h, os días 28 e 29 de setembro, cunha clase maxistral da man do recoñecido compositor e músico portugués, mestre Cándido Lima. Este acto foi pechado a compositores galegos e portugueses e abriu o comezo dunha serie de eventos públicos, constituídos entorno as obras nas que se traballará nestas sesións. Adicionalmente, o traballo de composición continuará noutro municipio do Camiño de Santiago: Tomiño, onde se porán a punto as obras para o primeiro concerto de Música en Camiño, que será na Catedral de Tui o día 19 ás 18:00h.  

 O Camiño de Santiago é unha experiencia única, unha viaxe inesquecible que ten servido de inspiración para a creación artística ao longo dos séculos. Camiñar por belísimas paisaxes, coñecer xente diversa, conversar dende o interior, ten un poder capaz de cambiar a forma de ver o mundo. Con esta filosofía, a Rede de Universidades CEER iniciará un periplo de convivencia, creación artística, traballo conxunto e divulgación cultural e ambiental en diferentes municipios do Camiño a Santiago, ata xuntarse finalmente nun espectáculo único na cidade do Apóstolo. Nace así o proxecto Música en Camiño, que conta coa participación da orquestra universitaria e a Área de cultura da Universidade de Santiago de Compostela, as Universidades de Minho e de Porto e o Conservatorio Superior de Música de Vigo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario