17 de out. de 2019

GOIÁN (TOMIÑO)

Fin de semana con “Commedia dell ́Arte”

A compañía Contraproducións, trae unha obra escrita e dirixida por Cándido Pazó  

O vindeiro sábado día 19 de outubro ás 22:00 horas no auditorio de Goián
  


 Infogauda / Goián

 A compañía teatral Contraproducións, trae ao auditorio de Goián o vindeiro sábado día 19 de outubro ás 22:00 horas, unha obra escrita e dirixida por Cándido Pazó. A cita cultural está incluída na axenda de outono. 

 As entradas, a 3 euros por persoa, poden comprarse dende unha hora antes en taquilla. 

 Esta obra, recomendada para público adulto, é o reflexo doutra, estrenada en 1.993 na Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia (MIT), a “COMMEDIA, un xoguete para Goldoni”; espectáculo que rematou sendo un dos fitos do teatro galego, con más de 200 funcions en xira por España, Portugal e Francia. Hoxe, 26 anos despois, repite no posible o mesmo equipo creativo, baixo as directrices do dramaturgo galego Cándido Pazó.  

Argumento

 Arlecchino atopa unha carta de amor no delantal da súa muller e, erroneamente (pois a carta non era para ela), pensa que ela o engana. Desesperado, quere matarse. Pero unha misteriosa voz que xorde de ningunha parte, deteno e dálle un anel máxico que ten a extraordinaria propiedade de facer perder a memoria a quen llo pon. Arlecchino esquéceo todo. Pero, como dano colateral, tamén esquece a noción das convencións sociais.  

 A partir deste arranque argumental sucédense unha serie de divertidos equívocos e enxeñosos enredos nos que participan algunhas das principais figuras da chamada popularmente “commedia dell ́arte”: o cutre tabernero Brighella, o pedante Dottore, o avaro Pantalone, o fanfarrón Capitano, a encantadora Arxentina… 

 Un argumento que, máis aló do imprescindíble alarde formal e lúdico, dá pé para xogar criticamente cos manidos tópicos do amor romántico e os riscos do exercicio indiscriminado da sinceridade.  

Dramaturxia e traballo textual: Cándido Pazó 

Actores e Actrices: Víctor Mosqueira, Marcos Orsi, Avelino González, Nuria Sanz, César Goldi e Sergio Zearreta 

Escenografía e Vestiario: Suso Montero 
Iluminación: Afonso Castro 
Dirección Musical: Fernando Reyes 
Axudante de Produción: Lilian Portela 
Xefa de Produción: Belén Pichel 
Dirección: Cándido Pazó

Ningún comentario:

Publicar un comentario