28 de out. de 2019

TOMIÑO

As obras da nova avenida obrigan a cambiar a situación da parada de autobuses da rúa República Arxentina 

A nova parada está situada a 150 metros da actual, na nova rotonda da avenida (ao carón da Farmacia Iglesias) 
 
A localización da parada de autobuses (transporte regular e escolar) que estaba situada na Avenida República Arxentina (ao carón do Concello), denominada “Tomiño Praza”, foi cambiada a partir hoxe, á rotonda da nova avenida (ao carón da Farmacia Iglesias)
Foto: C.T.
  
Infogauda / Tomiño

 O Concello de Tomiño fixo público este luns, que debido as obras da nova avenida que exercerá de variante e permitirá a mellora da mobilidade e integración urbanística do núcleo urbano do centro de Tomiño, a localización actual da parada de autobuses (transporte regular e escolar) situada na Avenida República Arxentina (ao carón do Concello), denominada “Tomiño Praza”, foi cambiada a partir hoxe, á rotonda da nova avenida (ao carón da Farmacia Iglesias).  

 O Concello de Tomiño comunicou o cambio ás correspondentes empresas encargadas do transporte regular e escolar.  

 Coma xa se informara en anteriores ocasións, o novo esquema de estradas e a nova avenida permitirá derivar o tráfico que nestes momentos pasa polo núcleo da vila, cara ao exterior, proporcionando unha mellora substancial da calidade urbana e da seguridade viaria.  

 Ademais está previsto nun futuro, eliminar o tráfico da zona onde está situada actualmente a parada de autobuses, coa humanización da zona e por ese motivo se pretende que o cambio da parada sexa definitivo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario