ADHESIÓN Á INICIATIVA EUROPEA DO PACTO DOS ALCALDES PARA O CLIMA E A ENERXÍA
Infogauda / O Rosal
A Comisión Europea puxo en marcha en 2008 o Pacto dos Alcaldes, unha iniciativa aberta a todas as cidades e municipios en Europa co obxectivo de involucrar ás autoridades locais e aos cidadáns no desenvolvemento e a aplicación da política enerxética da Unión Europea.
O Pacto dos Alcaldes consiste no compromiso das cidades asinantes de ir máis alá dos obxectivos adoptados para o ano 2020 pola UE para reducir as emisións de CO2 a través de medidas de eficiencia enerxética, de accións relacionadas coa promoción das enerxías renovables e da mobilidade urbana sostible.
Sectores como os municipais, residenciais e terciarios e o transporte considéranse sectores clave para a mitigación. As autoridades locais, di a alcaldesa do Rosal, Ánxela Fernández Callís, deberán concentrar os seus esforzos en reducir a demanda de enerxía nos seus territorios e adaptar a demanda enerxética á oferta promovendo a utilización de recursos enerxéticos locais.
Ningún comentario:
Publicar un comentario