3 de out. de 2019

MEDIO AMBIENTE

PLAN REVITALIZA DE COMPOSTAXE NO ROSAL  

Ao igoal que á veciñanza rosaleira, a alcaldesa Ánxela Fernández e a concelleira de Medio Ambiente Sara Vicente, tamén asistiron a carpa do Plan Revitaliza
Foto: C.O.R.

Infogauda / O Rosal

 Onte, a carpa informativa do Plan Revitaliza chegou ao Rosal para concienciar a veciñanza da importancia de xestionar os residuos orgánicos e sumarse á compostaxe. Ata alí achegáronse numerosos veciños demostrando, unha vez mais, a crecente implicación ambiental dos rosaleiros. Así o demostra a gran implantación de composteiros individuais no concello, con máis de 400 xa repartidos, ou a participación activa no composteiro comunitario instalado na rúa Manuel Suárez.  

 Desde o executivo municipal do Concello do Rosal, que preside a alcaldesa Ánxela Fernández Callís lembran "que tanto para solicitar un composteiro individual como para consultar calquera dúbida sobre a compostaxe, podedes achegarvos ou chamar ao concello, onde o mestre composteiro estará encantado de atendervos".

Ningún comentario:

Publicar un comentario