6 de out. de 2019

GALICIA

A partir deste luns poderán solicitarse de novo os permisos para realizar queimas de restos agrícolas e forestais amoreados  

Estas tarefas permanecían suspendidas ata o de agora debido á variabilidade das previsións meteorolóxicas

Infogauda / Galicia

 A Consellería do Medio Rural permitirá de novo desde este luns, día 7 de outubro, tramitar permisos para facer queimas de acordo coa normativa de aplicación, debido a que as condicións meteorolóxicas así o permiten. Isto significa que o día 9 será o primeiro día para realizar queimas previamente comunicadas.  

 Polo tanto, a partir deste luns ás 00.00 h. poderanse realizar as comunicacións e solicitudes de autorización de queimas a través da web do Medio Rural de acordo co establecido no artigo 34 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia. Ademais, en días laborables, tamén estará a disposición dos cidadáns o teléfono 012 para comunicar as queimas.  

 Así, os cidadáns que desexen queimar restos agrícolas amoreados nas zonas que determina a devandita lei nos períodos habilitados deberán comunicalo dous días antes. No caso de queimas de restos forestais amoreados, deberase solicitar unha autorización debido ao risco da actuación, sendo maior o proceso de tramitación. En todo caso, lembramos que as autorizacións e comunicacións deixan de ter validez nos días que hai vento e altas temperaturas.  

Ningún comentario:

Publicar un comentario