14 de out. de 2019

CAMPOSANCOS (A GUARDA)

URBANIZACIÓN "A ARMONA" 

O Concello de A Guarda terá que demoler 8 vivendas e indemnizar aos afectados con 360.000 euros

O Tribunal Supremo desestimou o recurso de casación interposto pola Admistración Municipal 

En primeiro termo, na parte inferior da imaxe, vista da Urbanización "A Armona", onde están ubicadas as 8 vivendas afectadas
Foto: Infogauda


Infogauda / Camposancos

 A Urbanización "A Armona", a carón do río Miño, fronte á Caminha, sobre a cal, no último cuarto de século, tanto espazo ten ocupado nos medios de comunicación social, volta a ser noticia. E nesta ocasión o percorrido pendente  non implicará, probablemente, tanto investimento de tempo, ainda que sí o será de desembolso pecuniario para ás arcas municipais do Concello de A Guarda.

 Despois de haber transcorrido preto de 26 anos, en que un particular - e a súa vez co-propietario da urbanización - denunciou unhas obras que afectan a 8 vivendas, propiedade de persoas de diferentes procedencias e ocupacións, algunha delas vencellada a unha coñecida multinacional do sector téxtil e outra á actividades culturais, ademáis de familias de Vigo e de A Guarda; a Sala do Contencioso Administrativo (Sección 5ª), do Tribunal Supremo, ven de dictar a resolución (sentencia nº 1321/2019), de data 7 de outubro de 2019, en relación ao recurso de casación nº 5759/2018, interposto polo Concello de A Guarda, contra auto de 9 de outubro de 2017, que confirma en reposición o de 28 de xuño de de 2017, dictado pola Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, execución da sentencia de 25 de novembro de 1999 dictada en procedemento ordinario 6020/2016.

 Foron partes recurridas un dos promotores da urbanización "A Armona", de Camposancos e 14 co-propietarios da devandita urbanización, sita no lugar da Armona, na parroquia de Camposancos, no termo municipal de A Guarda.

 Entre os antecedentes de feito, consta que (...)" por auto de 28 de xullo de 2017, dictado pola Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia en execución de sentencia de 25 de novembro de 1999, recaída no recurso ordinario 6020/96, acordouse: "Establecer en 360.000 euros a cantidade cuxo abono como indemnización aos promotores do incidente debe ser garantida polo Concello de A Guarda antes de proceder á demolición acordada en sentencia de 25 de novembro de 1999."

 Interposto recurso de reposición, tanto pola representación do Concello como dos terceiros interesados promotores do incidente de execución, dictouse auto de 9 de outubro de 2017, que acorda desestimar ambos recursos, confirmando o auto impugnado.

  Unha vez notificado o referido auto, pola representación do Concello de A Guarda presentouse escrito de preparación de recurso de casación (...)", "(...) que se tivo por preparado por auto  de 23 de xullo de 2018, ordenando o emplazamento das partes diante desta Sala [3ª] do Tribunal Supremo (...)".

  "(...) Recibidas ás actuacións e personadas as partes, pola Sección Primeira desta Sala dictouse auto de 8 de xaneiro de 2019 admitindo o recurso de casación e declarando que a cuestión plantexada no recurso (...)",  "(...) consiste en determinar: "a posible extensión do ámeto obxetivo de aplicación (...)", "(...) non soio ás obras realizadas ao abeiro dunha licencia anulada, senón tamén ás obras realizadas sen licencia (...)".

 Tamén consta que "(...) aberto o trámite de interposición do recurso, presentouse escrito pola representación do Concello de A Guarda, con exposición razonada das infraccións da norma (...)", "(...) terminando co suplico de estimación do recurso no sentido de que se obrigue a que se garantan ás posibles indemnizacións aos terceiros de boa fe afectados pola demolición das súas vivendas exclusivamente nos supostos de anulación da licencia de obra, subsidiariamente, que se extenda o ámeto subxetivo da obriga de esixir esas mesmas garantías aos promotores das vivendas no caso de construccións sen licencia, así como que o prazo para esixir ditas garantías é de un ano a contar desde a sentencia que ordea á demolición e finalmente que se exima ao Concello de A Guarda de ofrecer garantía das posibles indemnizacións debidas a terceiros de boa fe afectados pola demolición (...)".

 Nos fundamentos de Dereito consta que "(...) con data 25 de novembro de 1999, a Sala do Contencioso Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia dictou sentencia no recurso ordinario 6020/96, pola que, estimando o recurso contencioso-administrativo interposto contra á desestimación por silencio polo Concello de A Guarda da denuncia formulada o 25-11-93 sobre á realización de obras sen licencia na urbanización "A Armona", decrarouse que a Administración demandada debe proceder á demolición das obras de construcción de oito vivendas as que se refire á demanda (...)". 

  Finalmente a Sala do Contencioso Administrativo (Sección 5ª), do Tribunal Supremo dictou o seguinte Fallo:

 "Desestimar o recurso de casación (...)", "(...) interposto polo Concello de A Guarda contra auto de 9 de outubro de 2017, que confirma en reposición o de 28 de xuño de 2017, dictado pola Sala do Contencioso Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, en execución de sentencia de 25 de novembro de 1999 dictada no procedimento ordinario 6020/2016, que queda firme (...)".

 Dese xeito, o Concello de A Guarda terá que proceder á demolición das oito vivendas afectadas, asumindo obviamente o custo crematístico deses traballos, e a súa vez abonar aos afectados, en concepto de indemnización, a suma de 360.000 euros. A todo iso, hai que sumarlle os custes dos gastos xurídicos e xudiciais, cuxa cuantía descoñecemos polo de agora, pero que a súa vez, por unha cuestión tan elemental como o dereito á información que asiste a toda a cidadanía, consideramos que é necesario que os guardeses coñezan.

Ningún comentario:

Publicar un comentario