Feira de Emprego e Formación «Ecoimaxín»
Unha Feira de Empresas e á presentación de varias iniciativas eco, porán o broche final á este evento
A Feira do Emprego e Formación «Ecoimaxín» aspira a converterse nunha cita ineludible
Foto: C.A.G.
Infogauda / A Guarda
Este sábado día 26 de outubro, a Casa dos Alonso acollerá a xornada de peche da Feira de Emprego e Formación «Ecoimaxín», que como en edicións precedentes contou cunha ampla programación na que se incluíron charlas e conferencias de especialistas do sector, que achegaron aos asistentes todas as novidades e as súas experiencias no mundo empresarial, con informacións relevantes para a posta en marcha de proxectos empresariais.
Para pechar esta edición da «Ecoimaxín», a xornada deste sábado día 26 de outubro estará adicada a unha Feira de Empresas, que terá lugar de 10:00 a 14:00 horas e na que se presentará o portal de Emprego da Guarda, e de 12:00 a 13:00 horas presentaranse empresas eco da contorna, contando coa participación de Biosenza, Hara, Monoke, O Eixido dos Tendeiros, O Peirao, Trigo y Limpio e Xe-Mente.
Esta é a terceira edición da Feira do Emprego e Formación de A Guarda. O primeiro ano estivo enfocada no emprendemento a nivel local. A segunda edición na tecnoloxía como motor xerador de emprego e esta edición na sustentabilidade.
A Feira do Emprego e Formación «Ecoimaxín» aspira a converterse nunha cita ineludible para todas aquelas persoas interesadas en coñecer máis sobre as novas tecnoloxías, a formación continua e emprego, novas vías de negocio, entre outras novidades do sector empresarial.

Ningún comentario:
Publicar un comentario