10 de out. de 2019

A GUARDA

O PORTAVOZ MUNICIPAL DO BNG E TENENTE ALCALDE DENUNCIA PÚBLICAMENTE A "PROVOCACIÓN E IRRESPONSABILIDADE DO ALCALDE DA GUARDA PARA ROMPER O ACORDO DE GOBERNO"

Anxo Lois Baz afirma: "Cambia a sinalización e coloca prismas de pedra na rúa Concepción Arenal sen comunicarllo á Policía Local, á veciñanza afectada, nin ao BNG"

Anxo Lois Baz Vicente, portavoz do BNG e tenente de alcalde do Concello de A Guarda


 Infogauda / A Guarda

 O deterioro das relacións entre os representantes locales dos partidos políticos que forman parte - polo de agora - do goberno municipal do Concello de A Guarda, é un feito constatable. E ademáis, é algo que desde fai varias semanas ninguén ignora e que tivo súa escenificación, en vivo e en directo, diante de numerosos veciños, no decurso da sesión plenaria extraordinaria do pasado día 30 de setembro, cando se tratou da "situación da rúa Concepción Arenal".  

 Ese deterioro chegou a tal punto, que hoxendía non son poucas ás persoas que cualifican como "matrimonio de comenencia política e crematística", o goberno bipartito formado polo Grupo Municipal do PSdeG-PSOE, con Antonio Lomba Baz, como alcalde, e o Grupo Municipal do BNG, con Anxo Lois Baz Vicente, como tenente de alcalde.  

 Na opinión de varios veciños da localidade, esa situación podería representarse de xeito gráfico, como dous vasos non comunicantes. Ou como dixo na devandita sesión plenaria, o portavoz do Partido Popular, Roberto José Álvarez Carrero, como "(...) unha parella que viven xuntos na mesma casa, ven xuntos á televisión, pero non se falan (...)"

 Dese xeito todo indica - e hai constancia diso - que non existe entre eles nin á debida cortesía, nin á necesaria comunicación nin o respecto. E iso, obviamente, non é bó para ninguén nin tampouco é á situación máis convinte para un concello de algo máis de 10.000 veciños que ten pendentes moitos proxectos, necesarios todos eles para o benestar, o desenvolvemento e o progreso da cidadanía.

 E como mostra - unha máis - do que decimos, temos que salientar que o portavoz do BNG e tenente de alcalde do Concello de A Guarda, Anxo Lois Baz Vicente, ven de facer público na tardiña deste xoves día 10 de outubro de 2019 mediante unha nota de prensa remesada a este xornal dixital transfronteirizo que "o alcalde da Guarda (PSOE) cambiou a sinalización e colocou prismas de pedra e mobiliario urbano na rúa Concepción Arenal, condicionando gravemente o deseño realizado por Mobilidade e Modelo Urbano, de responsabilidade e competencia do BNG". 

 Engade, o portavoz do BNG, que "esta actuación unilateral ordenada polo alcalde afecta á veciñanza da Guarda de maneira directa porque impide desenvolver o plan de mobilidade e de modelo urbano deseñado polo responsable desta área, que permitiría que a rúa Concepción Arenal tivese preferencia peonil respectando os dereitos e servizos das persoas residentes". 

 Anxo Baz, indicou tamén que "o despropósito e irresponsabilidade  do alcalde é de tal magnitude que ademais de non comunicárllelo á Policía local nin á veciñanza, tampouco o fixo con concelleiros-delegados do BNG en tráfico e mobilidade. A propia Policía local iniciou a xornada laboral descoñecendo os cambios na circulación do tráfico rodado ordenados pola noite polo alcalde".

Ningún comentario:

Publicar un comentario