Feira de Empresas, teatro, obradoiro na bilioteca,...
Actividades na vila para esta fin de semana

A Guarda conta esta fin de semana con varias actividades nas que destacan a Feira de Emprego “Ecoimaxín”, a representación teatral de Raclette e a derradeira actividade das celebracións do Día da Biblioteca.
Na xornada do venres día 25 de outubro, de 10:00 a 12:00 h. terán lugar dúas cápsulas formativas.
A primeira será a cargo de Sandra Fernández Prado, consultora e auditora interna en sistemas integrados de xestión (calidade, medio ambiente, prevención riscos laborais e responsabilidade social empresarial) e tratará sobre «Novos perfís profesionais para un mundo sostible».
Sandra Fernández é especialista de Desarrollo de RSE en pymes, cunha experiencia de más de 3 años en asistencia técnica a programas de la Consellería de Economía, Emprego e Industria de la Xunta de Galicia.
Na segunda cápsula formativa intervirá Sandra Touza, xerente de «Ponle cara al turismo» e CEO dunfa firma de consultoría, plans estratéxicos, dinamización territorial, promoción turística e formación en turismo creativo, comunitario e industrial. Tratará sobre «Turismo Sostible, impacto no desenvolvemento local»-
Sandra Touza defínese coma unha muller emprendedora, incansable, de espírito libre, e forte. Caracterizase pola súa transparencia, gañas de mellorar cada día ante os obstáculos con perseverancia e positividade.
TEATRO
O Centro Cultural acollerá este venres día 25 de outubro ás 21:00h a representación teatral de «Raclette» a cargo da Compañía Ibuprofeno Teatro.
«Raclette» é unha xeira de Ibuprofeno Teatro, na que a compañía asume producións dun formato superior con elencos máis numerosos, caracterizadas polo rigor na posta en escena, no traballo interpretativo e na concepción dos textos e dos procesos de creación, baseados na obra dramatúrxica de Santiago Cortegoso.
O realismo é a base da posta en escena e do traballo interpretativo. O elenco actoral cociñan e comen comida real, diante do público, que apreciará o transcurso da cea non só pola vista e o oído, senón tamén polo olfacto. O peso da función recae no que transmiten os personaxes, na intensidade das relacións que se establecen entre eles, na trascendencia do que din e do que calan, nos xestos, nas miradas...
SÁBADO 26
A Feira de Emprego e Formación «Ecoimaxín» continúa na Casa dos Alonso. Para pechar esta edición, a xornada do sábado día 26 de outubro estará adicada a unha Feira de Empresas, que terá lugar de 10:00 a 14:00h e na que se presentará o portal de Emprego da Guarda, e de 12:00 a 13:00 horas presentaranse empresas eco da contorna.
Esta é a terceira edición da Feira do Emprego e Formación de A Guarda. O primeiro ano estivo enfocada no emprendemento a nivel local. A segunda edición na tecnoloxía como motor xerador de emprego e nesta ocasión na sustentabilidade.
ACTIVIDADE NA BIBLIOTECA PÚBLICA MUNICIPAL
A Biblioteca Pública Municipal remata as actividades conmemorativas do Día da Biblioteca 2019, coas que se procura impulsar á animación á lectura.
Dese xeito, o sábado día 26 de outubro ás 11:30h terá lugar a derradeira actividade co obradoiro de creación de teatros de papel.
O obxectivo do obradoiro é fomentar a lectura como vehículo para xerar historias e potenciar a creatividade. Ensinarannos a construír a maqueta dun teatro clásico e a crear escenarios e personaxes, a partir de lecturas existentes ou inventando narrativas novas.
O obradoiro promove destrezas motrices, o contacto coas artes plásticas, a convivencia e a colaboración entre os participantes.
Público recomendado: Entre 6 e 12 anos de idade.

Ningún comentario:
Publicar un comentario