3 de set. de 2019

SAN MIGUEL DE TABAGÓN (O ROSAL)

ROMARÍA POPULAR DE SAN MIGUEL: O ANXO DAS UVAS

Domingo 29 de setembro de 2019



Ricardo Rodríguez Vicente / San Miguel de Tabagón

 O domingo día 29 de setembro é a festividade de San Miguel Arcanxo, considerado o avogado do pobo elexido por Deus. 

 Segundo unha antiga tradición, logo do día de San Miguel, a rapazada podía ir ao rabusco, non soio nas viñas xa vendimadas, senón nas que ainda estaban sen vendimar.

 De todos os xeitos, para a festividade de San Miguel, na parroquia rosaleira que está baixo á advocación do Arcanxo, a previsión comezará ás 12:00 horas, coa celebración da eucaristía e ao termo da mesma, a solemne procesión. 

 E unha vez rematados os actos relixiosos, veciños e visitantes xuntaranse na carballeira que está a carón da igrexa parroquial de San Miguel de Tabagón e xantarán todos xuntos.

 Por iso, lembrade que tan soio é necesario levar a comida e sobor de todo moitas ganas de festa.

 E como di o refraneiro galego “San Migueliño das uvas maduras, que tarde vés e que pouco duras. Se dúas veces ao ano viñeras, moito ben nos deras”.

Ningún comentario:

Publicar un comentario