3 de set. de 2019

RIBADAVILA (A GUARDA)

Festas na honra da Virxe da Guía

Os días 6, 7 e 8 de setembro de 2019
 


Infogauda / A Guarda

 O barrio guardés de Ribadavila acollerá do 6 ao 8 de setembro as festas na honra da Virxe da Guía que arrancarán na xornada do venres a partires das 22:00 horas na Praza da Guía, cun Serán no que participarán diferentes grupos tradicionais da zona. 

 Logo do Serán, a partires da 1 da madrugada haberá varias actuacións de DJ´s  con «La Guía Fest» e as actuacións de Gabri Alonso, Adrián Mesu e We are Partyners.   

 Na xornada do sábado día 7 de setembro ás 11:00h terá lugar un pasacalles a cargo do Grupo de Gaitas A Boalleira.

 A partir das 17:00h, tarde infantil con actividades para os máis pequenos e ás 22:30h gran verbena amenizada polos grupos Club Naval e a Banda de Nash.   

 O domingo día 8 de setembro ás 10:00h unha salva de bombas anunciará o comezo do día grande das festas para dar paso ás 11:30h a unha misa solemne cantada polo Coro Parroquial. Ao remate da eucarístía sairá a procesión polo itinerario de costume. 

 Ás 17:30 horas dará comezo as tradicionais poxas e ao remate das mesmas, terá lugar á actuación do mariachi Noche de Ronda. 

 E pór broche de ouro a estas festas haberá unha atronadora tirada de fogos de palenque.

Ningún comentario:

Publicar un comentario