Campionato do xogo da rá
Este domingo 22 de setembro, na Praza da Centinela, no barrio histórico de Oia
O prazo de inscrición permanecerá aberto ata o 21 de setembro
Infogauda / Oia
A Praza da Centinela, no barrio histórico de Oia, acollerá o próximo domingo un campionato do xogo tradicional da ra, que se desenvolverá a partir das 17:00 horas. A actividade é gratuíta e require de inscrición previa.
A competición será en modalidade individual e constará de dúas roldas de 10 tiradas cada unha. A orde das tiradas fixarase segundo a orde de inscrición.
Poderán participar no campionato as persoas maiores de 15 anos que se inscriban previamente no número de teléfono 639 329 493 (Concello de Oia). O prazo para apuntarse está aberto ata o sábado 21 (incluído).
As persoas inscritas deberán presentarse na Praza da Centinela o domingo ás 16:15 horas, para dar comezo á competición ás 17:00 horas. En caso de choiva a actividade aprazarase ao domingo 29 de setembro.

Ningún comentario:
Publicar un comentario