6 de set. de 2019

O ROSAL

A alcaldesa do Rosal e a concelleira de Servizos Sociais

VISITAN AS INSTALACIÓNS DA ASOCIACIÓN SOS TOMIÑO 


A alcaldesa do Concello do Rosal - no centro da imaxe - e a concelleira de Servizos Sociais - 3ª pola esquerda - co presidente - a dereita da imaxe - e voluntarios da Asociación SOS Tomiño 
Foto: C.O.R.

Infogauda / O Rosal

 A alcaldesa do Concello do Rosal, Ánxela Fernández Callís, e a concelleira de Servizos Sociais, Sabela Rodríguez Jardón, visitaron as instalacións da asociación SOS Tomiño, situadas no Concello de Tomiño, co seu presidente, José Quinteiro Domínguez, e un equipo de voluntarios da asociación. 

 Deste xeito puideron coñecer de primeira man a gran labor que fan de maneira desinteresada en prol das familias mais necesitadas do Baixo Miño, empregando unha metodoloxía moi ben organizada e planificada para a distribución de alimentos. 

 Dende o executivo municipal do Concello do Rosal agradecen a acollida de SOS Tomiño e tenden pontes nunha colaboración efectiva que nos leve a ter unha comunicación constante e efectiva. Tamén queren aproveitar para poñer en valor a labor social que realizan e agradecer a súa boa disposición.

Ningún comentario:

Publicar un comentario