O CONCELLO DO ROSAL DESÉXALLE MOITA SORTE Ó ACANOR ATLÉTICO NOVAS
Germán Fernández Rodríguez - a esquerda da imaxe -, concelleiro de Deportes do Concello do Rosal, na súa visita os adestramentos do equipo infantil e cadete do Acanor Atlético Novás
Foto: C.O.R.
Infogauda / O Rosal
O executivo municipal do Concello do Rosal, que preside á alcaldesa Ánxela Fernández Callís fixo pública a seguinte decraración institucional:
“Desde o Concello queremos parabenizar ó Acanor Atlético Novás e, especialmente, aos seus equipos infantil, cadete e xuvenil que xogan nestes días as Fases de Ascenso a primeira”.
“Sumámonos, así, á campaña de apoio realizada polo clube. É un pracer ver e comprobar o gran traballo que se está a facer coa canteira do noso pobo”, afirma a alcaldesa.
Onte a rexedora, Ánxela Fernández e o concelleiro de Deportes, Germán Fernández Rodríguez, visitaron os adestramentos do equipo infantil e cadete e hoxe despediron na súa saída ó equipo Xuvenil.
“Desde o Concello queremos desexarlle moita sorte a todos e esperamos que desfruten e aprendan moito desta experiencia”, afirmou a alcaldesa rosaleira.
#ForzaNovás
Ningún comentario:
Publicar un comentario