30 de set. de 2019

A GUARDA ...

A Xunta de Galicia entrega unha moto acuática ao Concello guardés

Para atender emerxencias en zonas de costa de A Guarda  


O vice-presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda Valenzuela - no centro da imaxe - con Anxo Lois Baz Vicente, no acto de entrega da moto acuática
Fotos: C.A.G.

Infogauda / A Guarda

 O vicepresidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda Valenzuela, entregou hoxe en Ribeira tres motos acuáticas con remolques que permitirán aos servizos de emerxencias reforzar o seu equipamento de rescate. Desta volta, os concellos de Ribeira, Arteixo e A Guarda recibirán cadansúa moto acuática que súmanse ás seis concedidas xa o ano pasado aos concellos de Ortigueira, Cervo, Sanxenxo, Muros, Ponteceso e á Mancomunidade do Val Miñor.

En representación do Concello de A Guarda asistiu ao devandito acto, o tenente-alcalde Anxo Lois Baz Vicente.

Vista parcial da moto acuática e das autoridades que asistiron ao acto de entrega


 Trátase de embarcacións que ten una eslora de 3,75 metros, capacidade para tres persoas, un motor de 1800 cc e 180 CV de potencia. Ademáis ven equipada con dous traxes de neopreno, gadiola de rescate, cascos e remolque. 

 Segundo indicou Alfonso Rueda esta moto acuática permitirán aos servizos de emerxencias reforzar o seu equipamento de rescate, sendo operativa para rescates en zonas de pouco calado, con ondas ou fortes correntes e áreas con fondos rochosos e que será empregada dende hoxe polo Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) de A Guarda.  

 O vicepresidente da Xunta destacou o importante labor que leva a cabo cada día o persoal de emerxencias para velar pola seguridade da cidadanía e, por iso, incidiu en que as administracións deben corresponder a ese compromiso e entrega garantindo que o material do que dispoñan sexa o axeitado para realizar o seu traballo nas mellores condicións.

 Pola súa vez, Anxo Lois Baz afirmou: "Este novo equipamento de rescate ven a mellorar a calidade e resposta da seguridade na zona transfronteiriza do Río Miño e do mar na Guarda, cun tempo de resposta moito menor, que repercutirá positivamente en situacións de risco ou emerxencias".

 A entrega de hoxe da continuidade á folla de ruta iniciada para mellorar a calidade de resposta e a seguridade nas actuacións de prevención de riscos e nas intervencións en emerxencias en calquera punto da comunidade galega mediante a dotación de máis material e equipamento ás Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil e aos Grupos de Emerxencia Supramunicipal (GES). O Goberno galego tamén mantén a aposta pola formación actualizada no eido das emerxencias que se imparte de forma centralizada desde a Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP).

Ningún comentario:

Publicar un comentario