4 de set. de 2019

A GUARDA

CONVOCADO UN PLENO EXTRAORDINARIO DA CORPORACIÓN MUNICIPAL

Motivado pola renuncia ó cargo de concelleiro de Xan Lois Lomba Alonso
 
 Xan Lois Lomba Alonso

Infogauda / A Guarda

 Era algo que desde fai unhas semanas sabíase oficiosamente. Tan soio faltaba saber cando ía celebrarse a sesión plenaria extraordinaria para que á Corporación Municipal do Concello de A Guarda tivese coñecemento oficial da renuncia o cargo de concelleiro de Xan Lois Lomba Alonso, e dese xeito continuar co procedemento habitual nestes casos, para que esa vacante sexa cuberta pola persoa que corresponda da candidatura do BNG.

 Segundo pudo saber este xornal dixital transfronteirizo, á persoa que cubrirá a praza do concelleiro que renuncia ó cargo, xa solicitou unha excedencia temporal na empresa onde ven prestando seus servizos.

  A sesión plenaria extraordinaria do Pleno da Corporación Municipal foi convocada polo alcalde do Concello de A Guarda, Antonio Lomba Baz para o vindeiro venres día 6 de setembro, ás 8:30 horas, na Casa do Concello.

 Nos asuntos da convocatoria figura:

PUNTO ÚNICO: Expediente 2091/2019. TOMA DE COÑECEMENTO DA RENUNCIA Ó CARGO DE CONCELLEIRO DE D. XAN LOIS LOMBA ALONSO.

Ningún comentario:

Publicar un comentario