3 de set. de 2019

A GUARDA

CINEMA

Benedicta, de Xurxo Chirro, preséntase no Festival de Cine de Ourense

 Xurxo Chirro, crítico e director de cinema, guionista, investigador e realizador de A Guarda
Foto: Infogauda


 Infogauda / A Guarda

 A curtametraxe de Xurxo Chirro*, titulada Benedicta, formará parte da sección de curtametraxes do Ourense Film Festival. 

 Un traballo que é unha coprodución entre Proxecto Socheo e a asociación arousán de O Faiado da Memoria. O proxecto baséase en rescatar parte da memoria da Guarda por medio das lembranzas da que foi a súa veciña: Benedicta Rodríguez Sobrino. 

 Segundo Chirro o interese da proposta está na reflexión sobre o valor do documento, da oralidade, da narración e da palabra



 O festival de cine de Ourense acontecerá do 27 de setembro ao 5 de outubro.

 * Xurxo Chirro, alter ego de Xurxo González Rodríguez (A Guarda 1973), é licenciado en Historia da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela e doutor en Historia da Arte pola UNED. Traballou para a Axencia Audiovisual Galega e na Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC), organismos da Xunta de Galicia. Investigador para o Consello da Cultura Galega e para a USC, profesor no Máster de Conservación do Patrimonio (USC). Traballou para o Instituto Cesing. Creador de contenidos da Axencia Audiovisual Galega (AAG), coordinador das plataformas na rede de Teutubo, Flocos.tv e Canletv, asesor técnico nas comisións á producción audiovisual da Xunta de Galicia (2007-2012). Programador galego do Filminho: Festa do Audiovisual Galego e Português (2008-2010). Comisionado do ICAA do Ministerio de Cultura (2010-2011). Coordinou os libros Manoel de Oliveira (CGAI) e Documentación da videocreación en Galicia nos anos 80 (CGAC). Crítico de cinema, colaborou con varios xornais e revistas. Como guionista e director realizou os seguintes documentais: Argazo (2005), Os señores do vento (2008), 36/75 (2009) e 13 Pozas (2009), Cellular Movie (2010), Vikingland (2011) e Une histoire sole (2013).

 Na traxectoria cinematográfica Xurxo Chirro tamén temos que salientar a curta Jeanette (2016), que participou na sección non competitiva do Festival de Cine de  Ourense (OUFF).

 Xurxo Chirro é o director do equipo técnico de Proxecto Socheo, “(...) unha iniciativa compartida que quere localizar, estudar, inventariar e dar a coñecer as imaxes que foron gravadas na Guarda e no Baixo Miño, co obxectivo de salvagardar un patrimonio audiovisual local e proxectalo, sen restricións, cara o mundo (...).

Ningún comentario:

Publicar un comentario