2 de ago. de 2019

VAL MIÑOR

Xeiras IEM 2019
RESERVA DE PRAZAS

Xeira nocturna polo mar de Panxón. Unha volta ás Estelas

Martes 13 de agosto  

Relatos MICOS E BANDULLOS dende o 1 ó 13 de agosto por Xosé Lois Vilar

IEM / Val Miñor

 O martes 13 de agosto temos unha nova xeira nocturna Polo mar de Panxón. Unha volta ás Estelas no concello de Nigrán que contará coa presenza e guía do especialista Xosé Lois Vilar Pedreira.  

 Dende o día 1 ata o 13 de agosto Xosé Lois Vilar publicará unha serie de relatos co título Micos e Bandullos que serán publicados día a día nas nosas redes sociais e na nosa páxina web até o día da celebración desta xeira.   

https://iem.gal  

https://www.facebook.com/institutoestudosminorans/  

 Comeza o prazo de apertura para inscribirse :      

· Desde luns 5 de agosto ata o 12 de agosto.     

· No teléfono 986 36 05 75.     

· Desde as 10:00h ás 13:30h.     

· Punto de encontro será a o peirao de Panxón ás 21:45h e o regreso ás 24:00h.  

 Para participar hai que reservar a praza chamando ao teléfono antes mencionado e posteriormente confirmar a praza enviando o xustificante de pago ao correo oficina@iem.gal no día posterior a reserva.  

 O prezo por persoa e o número de conta son os seguintes:  

 PREZO SOCIOS/AS: 12 euros  

 PREZO NON SOCIOS/AS: 15 euros  

 Nº DE CONTA IEM:  ES95 2080 5035 0730 4001 4164  

Nota: Nestas rutas marítimas a organización resérvase o dereito de anular a saída de non acadarse o mínimo de 100 viaxeiros/as.

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario