17 de ago. de 2019

PEITIEIROS (GONDOMAR)

Peitieiros celebrará o XXVI Festival Folclórico Internacional o vindeiro 24 de agosto de 2019
     
Estará precedido pola VII Semana Cultural     



Infogauda / Peitieiros

 O vindeiro 24 de agosto, ás 19:30 horas, o Centro Cultural de Peitieiros (Gondomar), celebrará o XXVII Festival Folclórico Internacional. Neste ano 2019 conmemórase o 26 aniversario desta actividade que comezou realizarse na parroquia gondomarense no ano 1993, tendo como grupo anfitrión a Ecos e Agarimos, grupo de Gaitas e Baile do Centro Cultural.  

 Nesta edición contaremos coa presenza do grupo anfitrión, Ecos e Agarimos, que como en todas as edicións será o responsábel de iniciar o Festival, cunha traxectoria de máis de vinte cinco anos é a escola de música e baile tradicional na nosa parroquia. Estarán tamén os grupos:  

· As camoesas, pandereteiras de Camos (Nigrán)  
· Gamelinhas de Palme (Barcelos), Portugal
· Os Folieiros, de Lavadores




 Mais, tamén contaremos coa VII edición da Semana Cultural que comezará o vindeiro luns 19 de agosto coas seguintes actividades:  

 Luns 19:  19:00 h. Roteiro polo rego de Touteiras, co punto de econtro ás 19:00 h no adro de Peitieiros.  

 Martes 20:  21:00 h. Da Paraguda ata as estrelas. observación da posta de sol e das Perseidas no alto da Paraguda, a 600 m de altitude. Punto de econtro ás 21:00 h no cruce da pista do Aloia, Para chegar: PO-340 Gondomar-Tui, entrar pola pista cara ao Aloia dende o San Antoniño, pasando a área recreativa do San Antoniño en dirección Tui, á esquerda e seguir 1,5 km.  (https://goo.gl/maps/rwr5HhBWhf8mucPr9)              

 Mércores 21:  21:30 h. Teatro, grupo de teatro INDIGNATI, coa obra RATAS, no adro de Peitieiros.              

 Xoves 22:  21:30 h. Guillerme Ignacio e Xulia Feixóo, presentación de Mulleres de Gargamala, no adro de Peitieiros.              

 Venres 23:  22:00 h. Canto Tradicional: Grupo de Canto tradicional do CCV e Pandereteiras do Sobreiro, Borreiros, no adro de Peitieiros.   

 Desde Peitieiros, nas abas do Matalagartos, entre o Galiñeiro e o Aloia, convidamos a todas e todos a que participedes con nós deste Festival.

Ningún comentario:

Publicar un comentario