REUNIÓNS CON ÉRGUETE BAIXO MIÑO E CRUZ VERMELLA BAIXO MIÑO
A alcaldesa do Rosal, Ánxela Fernández Callís na reunión con Victoriano Rodríguez González, Natalia González González e Dolores Costa, da Asociación Érguete Baixo Miño
Fotos: C.O.R.
Infogauda / O Rosal
Nestes últimos días dúas das asociacións máis importantes de atención social que traballan na zona, reuníronse coa alcaldesa do Rosal, Ánxela Fernández Callís, para intercambiar opinións sobre o seu traballo e os recursos existentes para a atención asistencial na nosa contorna.
Da asociación Érguete Baixo Miño estiveron presentes na reunión Victoriano Rodríguez González, presidente da entidade, Natalia González González, traballadora social e Dolores Costa, educadora social.
A función principal da asociación é desenvolver diferentes programas de promoción e educación para a saúde coa finalidade de mellorar a calidade de vida da poboación en xeral e facilitando ao mesmo tempo a integración social e laboral daqueles que por razón de exclusión social se atopan nunha situación desfavorecida ou en risco de exclusión social.
Son numerosas as accións que levan a cabo en diferentes ámbitos como escola, familias, mocidade, mulleres e poboación desempregada.
A alcaldesa do Rosal, na reunión con Jose Mª Salcidos González e Neli Rodríguez Girádez
Por parte de Cruz Vermella Comarcal Baixo Miño asistiron á reunión coa alcaldesa, Jose Mª Salcidos González, presidente da entidade e Nélida Rodríguez Giráldez, traballadora social e coordinadora do equipo comarcal.
Dos temas tratados na reunión entre outros falouse do proxecto de traballo da entidade, no que máis de 30 persoas voluntarias realizan accións ao longo de todo o ano.
Cruz Vermella é unha asociación cunha longa traxectoria a nivel internacional, e na comarca leva máis de 15 anos ofertando actividades e recursos a persoas en situacións desfavorecidas. Entre outras, atención con persoas maiores, familias acolledoras, integración de inmigrantes, prevención de exclusión escolar, atención a mulleres en dificultade social, prevención de conductas violentas, educación para a saúde e formación destinada á búsqueda activa de emprego, etc.
Ningún comentario:
Publicar un comentario