22 de ago. de 2019

GOIÁN

CLAUDIO GABIS EN CONCERTO

Venres día 23 de agosto, ás 21:30 horas, na Cantina do Centro Goianés




Ricardo Rodríguez Vicente / Goián

  O guitarrista, compositor e pedagogo Claudio Gabis (Buenos Aires, 1949), considerado como un dos fundadores do movemento rock en Argentina e pioneiro do blues nese país sudamericano, terémolo este venres día 23 de agosto, ás 21:30 horas, na Cantina do Centro Goianés, de Goián (Tomiño).

 Na compaña da súa banda, formada por Frans Banfield (voz e guitarra), Juanma Ons (baixo) e Manu Ares (batería), Claudio Gabis, un dos mellores guitarristas do seu país, e ao mesmo tempo cualificado como o pai do blues hispano, ofrecerá un dos concertos incluídos na súa Xira Galega, 2019, que conta coa  colaboración do Consulado General de la República Argentina en Vigo. 

  Ademáis do concerto, de 20:30 a 22:00 horas haberá unha churrascada por encargo. 

 Prezo: 10 euros.

 Reservas: 986 620 017

Ningún comentario:

Publicar un comentario