26 de ago. de 2019

DEPORTES

XI CAMPIONATO DE GALICIA DE 1 KM EN ROTEIRO DE MENORES 

4 NOVAS MEDALLAS PARA O CLUB SOCIEDADE ATLÉTICA DO TREGA, DE TOMIÑO

Álex Siespes Pereira - no centro da imaxe - medalla de ouro e campión galego da categoría Sub12 masculina


Informa (fotografías e redacción): Sociedade Atlética do Trega

 Este domingo pasado, o concello lucense de Guntín acolleu o Campionato Autonómico das categorías de base sub 10, sub 12, sub 14 e sub16. 

 Ata alí desprazaríanse os mellores especialistas da canteira do medio fondo galego, para facerse cos títulos autonómicos de roteiro (en asfalto) nun circuíto homologado pola  RFEA. 

Compoñentes - dous adestradores e atletas da canteira do medio fondo -, da delegación do club Sociedade Atlética do Trega desprazados a Guntín (Lugo)


 O club Sociedade Atlética do Trega levou un importante equipo de atletas da base, onde non fallou nos prognósticos e perspectivas nos pódiums autonómicos, conseguindo un ouro, unha prata e dous bronces, sendo así por segundo ano consecutivo o club de base mellor de Galicia, empatado a pódiums con Atlética Lucense esta vez. 

 O ouro e o título de campión galego conseguiríao Álex Siespes Pereira na categoría sub 12 masculina, cun tempo de 3´ 19". 

Marcela Morgado Rodríguez- a esquerda da imaxe - coa súa medalla de prata na categoría sub16 feminina


 A prata logrouna Marcela Morgado Rodríguez, na categoría  sub 16 feminina, cun tempo de 3´23". 


Elisa Morgado Rodríguez - a dereita da imaxe - acadou medalla de bronce na categoría sub 14 feminina

Yeray Dacuña Sierpes - a dereita da imaxe - acadou medalla de bronce na categoría sub 10 masculina



 E os bronces foron para Elisa Morgado Rodríguez, na categoría sub14 feminina, cun crono de 3´ 32" e na categoría  sub 10 masculina Yeray Dacuña Sierpes cun tempo de 4´00". 

 Felicitamos a todos os atletas representantes do noso club tanto os medallistas como aos demáis participantes, desexándolles unhas felices vacacións, sendo esta a súa última actuación da tempada 2018-2019.

Ningún comentario:

Publicar un comentario