Santi Ferrer Moreira visita o II Campus de Atletismo de Tomiño
O adestrador conta cun amplo e extenso currículo deportivo autonómico, nacional e internacional
Santi Ferrer Moreira - 2º pola esq. na fileira do fondo - con concelleiros do Concello de Tomiño e participantes no Campus de Atletismo
Informa (fotografías e redacción): Sociedade Atlética do Trega
O pasado martes visitounos o pontevedrés Santi Ferrer Moreira, un adestrador de atletismo cunha importante traxectoria na súa vida deportiva, desempeñando moitos cargos durante estos anos, destacando como adestrador de atletismo da Sociedade Gimnastica de Pontevedra desde 1979 ata 2016.
Colaborador coa Federación Nacional de Atletismo (sector de lanzamentos, 1989-2016), responsable de distintos sectores da Federación Autonómica de Atletismo 1987 -2014, adestrador de atletismo no Centro Galego de Tecnificación Deportivo en 3 etapas (1988-1994) (2004 – 2008) (2010- 2017).
Colaborador coa Selección Española de Atletismo no sector de lanzamentos, desde 1989 ata a actualidade, foi en calidade de adestrador a Rusia, en dúas ocasións, Hungría, Rumania, representando a España, en intercambio de adestradores do convenio de formación de adestradores consello superior de deportes.
12 veces internacional como responsable dos lanzamentos do equipo nacional: Italia, 3 ocasións; República Checa e Francia, en 4 ocasións; España 2 ocasións, Portugal 3 ocasións, Finlandia, Canadá, Inglaterra, Bulgaria, Moscova.
No ano 2011, foi xefe do equipo nacional absoluto no campionato de Europa de lanzamentos de inverno celebrado en Sofía (Bulgaria).
Santi Ferrer Moreira, un adestrador de atletismo cunha importante traxectoria na súa vida deportiva
Traballa para a Federación Galega de Atletismo desde 1987 ata a actualidade, como responsable de lanzamentos e probas combinadas.
Baixo a súa dirección, os seus atletas, obtiveron 102 pódiums nacionais, dos cales 16 son primeiros postos, engadindo tamén 102 pódiums autonómicos, máis 147 récords autonómicos e obtivo máis de 1.700 pódiums autonómicos. Todos os títulos mencionados, engloban distintas disciplinas, categorías e tempadas.
Este é un breve resumo do máis importante do seu currículo.
Finalmente temos que salientar que os nenos do campus puideron gozar con el, nunha xornada inigualable.

Ningún comentario:
Publicar un comentario