1 de ago. de 2019

DEPORTES

O porto de A Guarda acolleu a terceira proba do IV Campionato Galego Inclusivo   


Unha das embarcacións adaptadas do Club Deportivo Sen Amarras que participaron no IV Campionato Galego Inclusivo
Fotos: C.A.G.

Infogauda / A Guarda

 O Club Deportivo Sen Amarras ven de celebrar a terceira proba náutica do IV Campionato Galego Inclusivo, disputada o pasado sábado no porto de A Guarda e enmarcada na programación da Festa do Peixe Espada.  


Montserrat Magallanes Álvarez, concelleira de Deportes - a der. da imaxe -, xunto con Juana Parada, xerente de OR.PA.GU. - a esq. da foto -, no acto de entrega dos trofeos

 A principal característica da proba é a integración, contando coa participaron de 12 equipos de diferentes localidades, formados  por persoas con e sen discapacidade, empregando unha embarcación adaptada que pode ser patroneada de maneira fácil e sinxela. Sendo o mais importante o correcto desenrolo do trazado, e non o tempo deste, por tratarse dunha proba de regularidade.   

 A proba foi organizada pola Federación Galega de Motonáutica e o Club Sen Amarras, en colaboración coa Deputación de Pontevedra, o Concello de A Guarda, Orpagu (Organización de Palangreiros Guardeses), Xunta de Galicia, Deporte Galego, Galicia Saudable e a Comandancia Naval do Miño.

Ningún comentario:

Publicar un comentario