XESTIÓN DEMOCRÁTICA SOLICITA A CREACION DE UN PLAN DE MOBILIDADE URBAN SUSTENTABLE
Esta iniciativa esta dentro do Proxecto que se esta a levar acabo dende a formación política
Xermán Cordero Verde, presidente local de Xestión Democrática
Arquivo: Infogauda
Infogauda / A Guarda
Seguindo co Proxecto denominado Ecoloxía Urban, para o cal xa presentaron diferentes iniciativas como a proposta de “Adhesión do concello da Guarda a Rede de Cidades pola Bicicleta”, e o “Manifesto polas Cidades Intelixentes Innovación para o Progreso”, dende Xestión Democrática seguen adiante co proxecto, anteriormente mencionado.
Esta vez coa presentación dunha proposta, en forma de moción, para dotar A Guarda dun Plan de Mobilidade Urban Sustentable.
Desde a Área de Mobilidade Transporte, Accesibilidade e Cooperación Transfronteriza de Xestión Democrática afirman que “estes Plans de Mobilidade xorden a partir da problemática crecente dos desprazamentos nas cidades e municipios, cun aumento exponencial do protagonismo do vehículo privado e un uso ineficiente do mesmo; tendencia insustentable para manter ás cidades como motor da economía. Por iso, os PMUS tratan de cambiar o comportamento nas pautas de mobilidade dos cidadáns, mediante propostas de actuación cuxa implantación promove modos de desprazamento máis sustentables desde o punto de vista ambiental, tales como a mobilidade peonil, en bicicleta e o transporte público, a través de estratexias integradas, sen ser incompatible co crecemento económico e cunha coordinación equilibrada entre os usos do chan e a mobilidade”.
Como obxectivos xenerais máis relevantes dos Plans de Mobilidade Urbana Sustentable, para conseguir o novo patrón de mobilidade nos municipios, podemos destacar os seguintes:
· Optimizar os desprazamentos.
· Promover o uso racional do vehículo privado.
· Priorizar e mellorar os modos non motorizados (peonil e ciclista).
· Priorizar e mellorar o transporte público interurbano.
“Estes modelos de PMUS - engaden desde Xestión Democrática - son os que teñen cidades como Santiago de Compostela, A Coruña,... Estes plans son adaptados os concellos e temos como exemplos Lalín, Vilagarcía, Ribeira e Redondela, e temos un exemplo moi cércano como e concello veciño do Rosal que principios de ano contrataba unha empresa para a súa elaboración, todo isto grazas a subvencionada pola Deputación de Pontevedra mediante unha liña de subvencións creada para que os concellos redacten os PMUS como ferramenta fundamental para a planificación e toma de decisións, así como para poder acceder a fondos europeos de mobilidade sustentable”.
En palabras do presidente local de Xestión Democrática, Xermán Cordero Verde “estamos no momento idóneo para plantexar a mobilidade que queremos para o presente da Guarda, e temos unha gran axuda que non deberiamos perder co apoio da Deputación de Pontevedra”.
Ningún comentario:
Publicar un comentario