22 de ago. de 2019

A GUARDA

Exposicións, gastronomía, música, visitas guiadas,...

Ademais de praias marítimas e fluviais, A Guarda oferta múltiples actividades nesta fin de semana



Infogauda / A Guarda

 Do venres 23 ao domingo 25 de agosto, A Guarda ademais do disfrute das súas praias marítimas e fluviais, continúa ofertando diferentes propostas para que veciños e visitantes disfruten plenamente do verán. Varios eventos (musicais, exposicións, visitas guiadas ao Monte Santa Trega e unha festa gastronómica, ...), son, entre outras, actividades para todos os gustos e idades.   

VENRES 23  




 A Casa dos Alonso acolle a exposición «Arquitectura en Polispán», de Ramón González González, que presenta unha moi interesante mostra de maquetas de igrexas, capelas e vivendas, feitas a rigorosa escala, con todo detalle. 

 Este venres o horario é de 9:00 a 14:00h e de 19:00 a 21:00h. 
  

 Na xornada deste venres continúan as visitas guiadas para coñecer o patrimonio do Monte Santa Trega. Ás 11:30h realizarase a visita guiada ao xacemento arqueolóxico, que terá como punto de encontro a vivenda reconstruída do megapoboado castrexo e que terá unha duración aproximada de 30 minutos. 

 Ás 12:30h e ás 17:00h terán lugar dúas novas visitas guiadas ao Monte Santa Trega, con punto de encontro no Museo Arqueolóxico (MASAT) e que terán unha duración aproximada de 90 minutos. 

 Estas visitas guiadas son de carácter gratuíto e sen inscrición previa. Para grupos de máis de 10 persoas é obrigatorio facer unha reserva previa chamando ao teléfono 986 610 504. A taxa de acceso ao Monte Santa Trega é de 1€ para adultos e 0,50€ para menores de 14 anos.  




 A Alameda acollerá esta fin de semana a VIII Festa do Percebe e de produtos da terra e do mar, cunha oferta gastronómica na que ademáis do producto estrela - o percebe - se inclúen  mexillóns, nécoras, berberechos, empanadas, zorza, pementos, callos, ourella, chourizos, entre outros produtos.  

 O evento arranca na xornada do venres día 23 de agosto ás 21:00h e continuará o sábado 24 en horario de 12:00 a 16:00h e de 20:00h a 24:00h. Na xornada do domingo a partires das 12:00h do mediodía.  

 Todos os días haberá actividades para os máis cativos con inchables, ademais dunha Feira de Artesanía, charanga, música e moita festa.  

 A VIII Festa do Percebe e de produtos da terra e do mar está organizada pola Asociación Veciñal, Cultural e Deportiva Alameda en colaboración co Concello de A Guarda.  

SÁBADO 24  

 A Casa dos Alonso acolle a exposición «Arquitectura en Polispán», de Ramón González González. O horario de visita deste sábado será de 19:00 a 21:00h. 

 Este sábado continúan as visitas guiadas para coñecer o patrimonio do Monte Santa Trega. Ás 11:30h realizarase a visita guiada ao xacemento arqueolóxico que terá como punto de encontro a vivenda reconstruída do poboado castrexo e que terá unha duración aproximada de 30 minutos. 

 Ás 12:30h e ás 17:00h terán lugar dúas novas visitas guiadas ao Monte Santa Trega, con punto de encontro no Museo Arqueolóxico (MASAT) e que terán unha duración aproximada de 90 minutos. 

 Estas visitas guiadas son de carácter gratuíto e sen inscrición previa. Para grupos de máis de 10 persoas é obrigatorio facer unha reserva previa chamando ao teléfono 986 610 504. 

 A taxa de acceso ao Monte Santa Trega é de 1€ para adultos e 0,50€ para menores de 14 anos. 

 Como xa indicamos anteriormente, na Alameda da vila temos a Festa do Percebe e de produtos da terra e do mar,  cunha ampla oferta gastronómica na que se inclúen mexillóns, nécoras, berberechos, empanadas, zorza, pementos de padrón, callos, ourella, chourizos, entre outros produtos.  

 Os horarios de apertura de carpa son de 12:00 a 16:00h  e de 20:00 a 24:00h.



 A Guarda acollerá este sábado día 24 de agosto, ás 19:30 horas, o Festival de Bandas de Música «Vila da Guarda», unha das citas musicais da programación estival, que chega este ano á súa XIII edición baixo a organización da Agrupación Musical de A Guarda en colaboración coa Concellería de Cultura do Concello de A Guarda.  

 Participarán a banda da Agrupación Musical do Rosal, a banda da Unión Musical de Allariz e e banda anfitrioa Agrupación Musical de A Guarda.
 


 No Centro de Interpretación das Fortalezas na Fortaleza de Santa Cruz continúa a exposición de maquetas e figuras de Praxíteles González Martínez, polifacético creador rosaleiro que presenta varias maquetas (ponte do Tamuxe, igrexa de Santa Mariña do Rosal, muíño serradoiro e dúas vivendas rosaleiras, así como as maquetas das catedrais de Santiago de Compostela e Notre Dame de París. Completa esta exposición unha selección das máis de 40 esculturas realizadas polo artista. 

 Horario de 11:00 a 14:00h e de 18:00 a 21:00h. 

 Entrada: 1€ adultos e 0,50€ ata 14 anos inclusive.  

 Para despedir esta xornada de sábado a partires das 22:30h o antigo Estadio do Trega acolle o Tecla Sound, un festival musical que contará coa participación dos artistas DCS, Diego Mariño, Yaggo, Dani Villa, Hot ID e Cristian Pereyra, coa animación de Black Lips.   

DOMINGO 25 

 A Casa dos Alonso acolle a exposición «Arquitectura en Polispán», da autoría de Ramón González González. O horario de visita é de 19:00 a 21:00h.  

 Na Alameda da vila continúa a Festa do Percebe e de produtos da terra e do mar, cunha oferta gastronómica na que se inclúen  mexillóns, nécoras, berberechos, empanadas, zorza, pementos fritos, callos, ourella, chourizos, entre outros produtos.  

 A carpa estará aberta a partires das 12:00 do mediodía.  

 Como nos días precedentes haberá actividades para os máis cativos con inchables, ademais dunha Feira de Artesanía, charanga, música e moita festa. 

 No Centro de Interpretación das Fortalezas na Fortaleza de Santa Cruz temos a exposición de maquetas e figuras de Praxíteles González Martínez.

 O horario de visita é de 11:00 a 14:00h e de 18:00 a 21:00h. 

 Entrada: 1€ adultos e 0,50€ ata 14 anos inclusive.

Ningún comentario:

Publicar un comentario