A Guarda da a benvida ao mes de agosto
Cunha ampla programación cultural, deportiva e festiva
Infogauda / A Guarda
O Concello de A Guarda da a benvida ao mes de agosto cunha moitedume de actividades para todas as idades coma antesala da semana grande das Festas do Monte Santa Trega.
Esta fin de semana celébrase o V Galifornia Beat no porto da Guarda, as Festas de San Caetano no barrio da Cruzada e os primeiros eventos asociados ás Festas do Monte coma as Carreiras Populares ou o Torneo de Hockey Liña.
VENRES 2
A Pista de Patinaxe Atalaia, situado na Fontiña - arredores do porto - acollen dende este venres día 2 de agosto a V edición do Galifornia Beat, un evento multicultural que se estenderá ata a xornada do sábado día 3 de agosto e que contará con concertos, exhibicións deportivas, oferta gastronómica e moito máis.
O V Galifornia Beat arranca o venres ás 14:00h coa apertura da pista para a práctica libre deportiva, ás 19:00h terá lugar o Best Trick, seguido da batalla de gallos e concertos a partires das 22:00h coas actuacións dos grupos Hugx & Holden, Fast Fuzz, Samesugas, Los Bengala e The Pretty Shirts.
VISITAS GUIADAS AO MONTE SANTA TREGA
Na xornada deste venres continúan as visitas guiadas para coñecer o patrimonio do Monte Santa Trega. Ás 11:30h realizarase a visita guiada ao xacemento arqueolóxico do Trega, que terá como punto de encontro a vivenda reconstruída nese enclave prehistórico e que terá unha duración aproximada de 30 minutos.
Ás 12:30h e ás 17:00h terán lugar dúas novas visitas guiadas ao Monte Santa Trega, con punto de encontro no Museo Arqueolóxico (MASAT) e que terán unha duración aproximada de 90 minutos.
Estas visitas guiadas son de carácter gratuíto e sen inscrición previa. Para grupos de máis de 10 persoas é obrigatorio facer unha reserva previa chamando ao teléfono 986 610 504.
A taxa de acceso ao Monte Santa Trega é de 1€ para adultos e 0,50€ para menores de 14 anos.
EXPOSICIÓN DE MAQUETAS E FIGURAS DE PRAXÍTELES GONZÁLEZ MARTÍNEZ
O Centro de Interpretación das Fortalezas, ubicado na Fortaleza de Santa Cruz continúa acollendo a exposición de Praxíteles González Martínez na que se expoñen varias maquetas do artista rosaleiro, como a ponte do Tamuxe, a igrexa de Santa Mariña do Rosal, un muíño serradoiro e dúas vivendas rosaleiras. Tamén mostra ás maquetas das catedrais de Santiago de Compostela e de Notre Dame, de París. Completa esta exposición unha selección das máis de 40 esculturas realizadas polo artista.
Horario de 11:00 a 14:00h e de 18:00 a 21:00h.
Entrada: 1€ adultos e 0,50€ ata 14 anos inclusive.
EXPOSICIÓN «HISTORIA COMERCIAL E INDUSTRIAL GUARDESA»
Na xornada deste venres, en horario de 8:00 a 15:00h. pódese visitar a exposición «Historia Comercial e Industrial Guardesa», na Casa dos Alonso.
Unha oportunidade de ver que tipo de produtos e modas había tempos atrás; así como as ferramentas que se empregaban e que arestora están fora de uso ou substituídas por novas tecnoloxías.
FESTAS DE SAN CAETANO
Dentro da programación das Festas de San Caetano, na xornada deste venres o grupo A Boalleira realizará un pasacalles pola vila.
Ás 21:00h a Praza de San Caetano acollerá a tradicional sardiñada e a partires das 23:30h verbena a cargo da orquestra Capitol.
SÁBADO 3
Enmarcado na celebración da V edición do Galifornia Beat no porto guardés, entre as 10:00 e as 11:00h abriranse as inscricións para o aberto e Open Sub-14 e Basket.
Ás 11:00h terán lugar as primeiras competicións co Basket e o Open Sub-14.
Ás 12:30h realizarase a Escola de Patinaxe para nenos e nenas na que un profesional ensinará aos máis pequenos como iniciarse na práctica da patinaxe.
Ás 13:00h o grupo Indy Tumbita & The Voodoo Bandits serán os encargados, xunto cun Dj, de amenizar unha sesión vermú.
A partires das 16:00h terá lugar o Open de Patinaxe e o Open de Street, seguido dunha exhibición de Trial do rosaleiro Gabriel Marcelli ás 18:30h.
Ás 19:00h celebrarase o Open de Cunco e ás 21:00h a entrega de premios e o arranque dos concertos que terán lugar coas actuacións dos grupos Spoonfull e The Soul Jacket.
ACTIVIDADES DEPORTIVAS
Ás 16:00h o Pavillón das Solanas acolle o Torneo Festas do Monte Santa Trega de Hockey Liña sénior e infantil, organizado polo Clube A Guarda Hockey Liña. Este evento reúne a un bo número de deportistas para a práctica do hockey liña, con entrada de balde.
A Guarda acollerá este sábado día 3 de agosto a partires das 19:00h as tradicionais Carreiras Populares das Festas do Monte Santa Trega, evento deportivo organizado polo clube Sociedade Atlética do Trega en colaboración coa Comisión de festas e o Concello de A Guarda.
As Carreiras Populares das Festas do Monte Santa Trega congregan a centos de participantes nas diversas categorías de competición en función das datas de nacemento e en distancias, que van dende os 100 metros para a categoría de pulgas ata os 7.339 metros para os máis maiores, que consistirá nunha volta ao Monte Santa. Trega.
VISITAS GUIADAS AO MONTE SANTA TREGA
Este sábado continúan as visitas guiadas para coñecer o patrimonio do Monte Santa Trega. Ás 11:30h realizarase a visita guiada ao xacemento arqueolóxico do Trega, que terá como punto de encontro a vivenda reconstruída nese enclave prehistórico e que terá unha duración aproximada de 30 minutos.
Ás 12:30h e ás 17:00h terán lugar dúas novas visitas guiadas ao Monte Santa Trega, con punto de encontro no Museo Arqueolóxico (MASAT) e que terán unha duración aproximada de 90 minutos.
Estas visitas guiadas son de carácter gratuíto e sen inscrición previa. Para grupos de máis de 10 persoas é obrigatorio facer unha reserva previa chamando ao teléfono 986 610 504.
A taxa de acceso ao Monte Santa Trega é de 1€ para adultos e 0,50€ para menores de 14 anos.
EXPOSICIÓN DE MAQUETAS E FIGURAS DE PRAXÍTELES GONZÁLEZ MARTÍNEZ
O
Centro de Interpretación das Fortalezas, ubicado na Fortaleza de Santa
Cruz continúa acollendo a exposición de Praxíteles González Martínez na
que se expoñen varias maquetas do artista rosaleiro, como a ponte do
Tamuxe, a igrexa de Santa Mariña do Rosal, un muíño serradoiro e dúas
vivendas rosaleiras. Tamén mostra ás maquetas das catedrais de Santiago
de Compostela e de Notre Dame, de París. Completa esta exposición unha
selección das máis de 40 esculturas realizadas polo artista.
Horario de 11:00 a 14:00h e de 18:00 a 21:00h.
Entrada: 1€ adultos e 0,50€ ata 14 anos inclusive.
FESTAS DE SAN CAETANO
Dentro da programación das Festas de San Caetano na xornada deste sábado o grupo A Boalleira realizará un pasacalles pola vila.
Pola noite gran verbena coa orquestra Costa Blanca e o grupo Caché.
DOMINGO 4
EXPOSICIÓN DE MAQUETAS E FIGURAS DE PRAXÍTELES GONZÁLEZ MARTÍNEZ
O
Centro de Interpretación das Fortalezas, ubicado na Fortaleza de Santa
Cruz continúa acollendo a exposición de Praxíteles González Martínez na
que se expoñen varias maquetas do artista rosaleiro, como a ponte do
Tamuxe, a igrexa de Santa Mariña do Rosal, un muíño serradoiro e dúas
vivendas rosaleiras. Tamén mostra ás maquetas das catedrais de Santiago
de Compostela e de Notre Dame, de París. Completa esta exposición unha
selección das máis de 40 esculturas realizadas polo artista.
Horario de 11:00 a 14:00h e de 18:00 a 21:00h.
FESTAS DE SAN CAETANO
Dentro da programación das Festas de San Caetano na xornada deste domingo o grupo A Boalleira realizará un pasacalles pola vila.
Ás 19:00h arrancarán as tradicionais poxas de produtos típicos e rematarán as festas coa actuación de Roberto Caco.





Ningún comentario:
Publicar un comentario