A GUARDA PUXO BROCHE DE OURO A XXIX FESTA DA LANGOSTA E DA COCIÑA MARIÑEIRA
· Coa actuación do grupo Os Meninos e a carpa totalmente ateigada de público
As langostas foron ás raíñas do evento gastronómico no que houbo una ampla proposta de productos do mar
Fotos: C.A.G.
Infogauda / A Guarda
A Guarda acolleu esta fin de semana a XXIX edición da Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira, un evento gastronómico que congregou a milleiros de persoas no porto da vila mariñeira, e no que ademáis da langosta degustáronse moitos pratos con xenuino sabor a mar: Percebes da costa guardesa, calamares, croquetas, empanadas, navallas, polbo, entre outros.
E para a sobremesa a Rosca de Xema Guardesa, acompañada dos bos viños (Albariño e Rosal) da D. O. Rías Baixas, subzona do Rosal.
A xornada do domingo da XXIX Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira comezou coa amenización musical do grupo O Trebón dos Xidos e posterior pasacalles musical para nenos coa gamela guardesa. Cara ao mediodía continuaba a xornada cun concerto acústico do grupo Awen e os comensais comezaban a encher por terceiro día a carpa habilitada no Portiño Novo.
Pola tarde houbo inchables acuáticos para os máis cativos, congregando a máis dun cento de rapaces.
Asemade, celebrouse unha actuación infantil de Pako Pakolas co seu espectáculo «Contos, Cores e Rock´n´roll».
E xa para pechar esta XXIX edición, e como ven sendo habitual, celebrouse unha noite de fados coa actuación de Os Meninos, tradición e modernidade no mundo da música portuguesa.
A XXIX Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira puxo broche de ouro a unha nova edición cargada de actividades e, sobre todo, de boa gastronomía, que combinado cunha suave climatoloxía, propiciou unha excelente afluencia de comensais, procedentes de toda a península, que non quixeron deixar pasar esta oportunidade.
Segundo datos recollidos dos restauradores participantes, nos 3 días de duración desta edición servíronse preto de 500 kg de langosta, destacando a participación do respectable público, tanto local como visitante, o que fixo que novamente fosen superadas as previsións e se esgotasen moitos dos 24 pratos ofertados.
Dese xeito A Guarda despide a XXIX edición da Festa da Langosta e da Cociña coma un evento plenamente consolidado, dando xa a benvida a primeiras horas da tarde de onte a unha vintena de embarcacions tradicionais que despois de navegar dende diferentes portos da xeografía galega, partiu, formando un convoi, dende as Illas Cíes, navegando coas velas despregadas rumbo ao porto guardés para participar, xunto con outras que ainda están por vir, no XIV Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia, que se celebrará do 11 ao 14 de xullo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario