9 de xul. de 2019

TOMIÑO

Recollida de lixo en kaiak

Mércores día 10 de xullo, dende a praia de Goián 

Trátase dunha actividade de voluntariado organizada pola Oficina Municipal de Información Xuvenil  


 Infogauda / Tomiño

 Debido ao éxito da actividade en anos anteriores, o Concello volve a organizar a actividade “Recollida de lixo en kaiak” polo río Miño, ao seu paso por Goián. Será este mércores día 10 de xullo, en horario de mañá e tarde (de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas), con saída dende a praia de Goián.  

 Cada persoa que participe levará un saco de lixo e efectuándose varias paradas ao longo da ribeira do Miño e na propia praia fluvial. A idade mínima para participar son 15 anos e as persoas menores, deberán levar autorización. É preciso pasar antes da actividade, pola OMIX (barrio da Rocha, antigo centro de saúde, de 8:00 a 14:00 horas) para inscribirse.  

 Ao mesmo tempo, levarase a cabo unha campaña de sensibilización ambiental entre as persoas que se atopen no lugar.

Ningún comentario:

Publicar un comentario