15 de xul. de 2019

TOMIÑO.

O Concello mellora dúas pistas da Área Deportiva do Mosteiro para uso escolar e público 

As canchas de balonmán, baloncesto e fútbol, veñen a sumarse a dúas de tenis, dúas de padel, unha de volea sobre herba, unha de calistenia e outra de atletismo

Con estas melloras, a Área do Mosteiro ofrece un conxunto de instalacións de primeira man, para as persoas de Tomiño que practican deportes
Foto: C.T.

Infogauda / Tomiño

 O Concello de Tomiño vén de rehabilitar dúas pistas multiusos (balonmán, baloncesto, fútbol) situados na Área Deportiva do Mosteiro, situados ao lado da pista de atletismo, nunha zona de uso compartido co CEP Pedro Caselles.  

 A intervención, significou un investimento duns 20.000 euros de fondos propios, e supuxo o cambio e mellora do pavimento e a recuperación de elementos (porterías e canastras, etc.). Asemade, acondicionarase unha pista de volea sobre herba que poderán utilizar, tanto alumnado do colexio, coma público en xeral, en diferentes horarios, coma xa se vén facendo coas dúas canchas de tenis e as dúas tamén de padel.  

 Con estas melloras, a Área do Mosteiro ofrece un conxunto de instalacións de primeira man, para as persoas de Tomiño que practican deportes. As canchas de balonmán e fútbol, onde se levaron a cabo as obras de rehabilitación, veñen a sumarse a dúas de tenis, dúas de padel, unha de volea sobre herba, unha de calistenia e outra de atletismo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario