18 de xul. de 2019

TOMIÑO

Os técnicos da Xunta atenderán ao público o día 24 de xullo para aclarar dúbidas sobre a construción do 2º treito da VAP Tui-A Guarda 

É necesario solicitar cita previa chamando ao Concello. O prazo para alegacións remata o 14 de agosto 


Infogauda / Tomiño

 O Concello de Tomiño informa que os técnicos da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade da Xunta de Galicia, estarán a disposición da veciñanza afectada polo proxecto de construción do 2º treito da Via de Altas Prestacións (VAP) Tui-A Guarda, o día mércores 24 de xullo, para consultas e resolución de dúbidas.  

 É preciso solicitar cita previa no teléfono do Concello (986 622 001), marcando a extensión 4.  

 O prazo para presentar alegacións remata o mércores 14 de agosto.  

 O horario de atención ao público será de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 18:00 horas, no Salón de Plenos do Concello.

Ningún comentario:

Publicar un comentario