O CONCELLO DALLE OS PARABÉNS A GABRIEL MARCELLI
Gabriel Marcelli - na imaxe, 4º polo esq. na segunda fileira - cun grupo de siareiros do Rosal que desprazáronse a Gouveia-Portugal
Foto: C.O.R.
Infogauda / O Rosal
No día de hoxe, o executivo municipal que preside a alcaldesa Ánxela Fernández Callís, fixo pública á seguinte nota: "Desde o Concello do Rosal queremos felicitar a Gabriel Marcelli polo seu recente triunfo en Gouveia-Portugal, na quinta proba do Campionato do Mundo de Trial na categoría TR2, o que o sitúa no segundo posto a só 3 puntos do lider na clasificación xeral.
Desexámoslle moita sorte para as vindeiras probas".
Ningún comentario:
Publicar un comentario